Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CIBER.gal esgotou en menos de 15 días as 750 prazas da xornada destinada á cidadanía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CIBER.gal esgotou en menos de 15 días as 750 prazas da xornada destinada á cidadanía

S. P.
Publicado: 04/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cibergal_2024_1030x800px_gal.jpgA 4ª edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER,gal esgotou en menos de 15 días as 750 prazas presenciais dispoñibles para o bloque destinado á cidadanía. Así o fixo saber a entidade impulsora deste importante evento, a axencia autonómica AMTEGA, engadindo que “malia todo é posible seguir este encontro de xeito en liña”. Este récord de inscricións constata o interese pola temática do encontro, que conta con prazas presenciais e en streaming para os bloques temáticos orientados a empresas e administracións, que tamén están a rexistrar unha alta demanda, confirmou AMTEGA.
A IV edición do Encontro Galego de Ciberseguridade. CIBER.gal, reunirá os días 6, 7 e 8 de novembro na cidade da Cultura a máis de 60 expertos, que abordarán os retos da ciberseguridade desde unha tripla perspectiva: social, empresarial e pública.
Respecto das cifras de participación, AMTEGA confirmou que se superaron as 2.300 persoas inscritas (a día do pasado 1 de novembro). No portal Ciberseguridade Galicia aínda era posible estes días reservar praza e consultar o programa completo.
Unha das novidades que incorpora este ano CIBER.gal é a realización de demostracións de produtos, servizos ou solucións de ciberseguridade por parte dalgunhas das entidades que apoian o evento. Así, xa están completas as prazas para as demostracións de ciberseguridade, programadas para o 6 de novembro, patrocinadas por Proofpoint, NTT DATA, Check Point, CTAG, Zscaler e SIA, así como as de obradoiros técnicos e talleres prácticos.
Entre outros profesionais, o encontro contará coa participación do experto en ciberseguridade Chema Alonso, así como de representantes dos socios fundadores do Nodo. Entre eles está o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), que traerá á Cidade da Cultura a experiencia road show e un expositor de ciberseguridade adaptado a todos os públicos, que estarán abertos ata o día 8 de novembro. Ademais, David Amor achegarase en clave de humor á ciberseguridade cun monólogo.
Un ano máis CIBER.gal contará coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia coa posta en escena da obra Hixiénico, na que se expoñerán as consecuencias do cyberbulling. Tamén achegarán a súa colaboración os coordinadores dos cursos de ciberseguridade dos centros de FP de Galicia que realizarán catro talleres prácticos.
O Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, está organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa colaboración do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), e conta co apoio dunha vintena de entidades, entre as que destacan como patrocinadores VIP Gradiant e Telefónica e como patrocinadores estratéxicos Deloitte, Abanca, Proofpoint, SIA, Crowdstrike e Check Point, ademais doutras 44 entidades entre patrocinadores innovadores, estándar e colaboradores.
CIBER.gal busca fortalecer a conciencia dixital e as capacidades tecnolóxicas dos participantes, fomentando unha sociedade máis segura e preparada fronte aos desafíos da era dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?