Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC 2024 pon o foco este xoves 7 nos investimentos sostibles en TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC 2024 pon o foco este xoves 7 nos investimentos sostibles en TI

S. P.
Publicado: 04/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

03112024_edicion_galiciatic_del_ano_pasado_2.jpgO edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá este xoves 7 de novembro a 22ª edición de GaliciaTIC, foro de referencia e debate no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que organiza a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO) en colaboración con entidades como a axencia autonómica AMTEGA ou diversas empresas.
A xornada será inaugurada pola conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana e contará coa participación de 30 expertos en calidade de moderadores e relatores ao longo de todo o día. En especial, este ano centrarase en investimentos sostibles en TI e no desenvolvemento da Intelixencia Artificial.
GaliciaTIC 2024 tamén contará coa participación de APD, a Asociación para o Progreso da Dirección, que organizará unha mesa de debate sobre o impacto da IA na empresa. Esta organización, de carácter transversal, abrirá este foro aos demais sectores interesados en estar á última dos avances tecnolóxicos.
A organización destaca que unha das conferencias máis relevantes sobre ferramentas intelixentes será a que ofreza Ignasi Belda, nomeado en xuño director da Axencia Española da Supervisión da Intelixencia artificial (AESIA), na que abordará como regular este ámbito e realizará unha síntese do recentemente aprobado regulamento europeo de Intelixencia Artificial. Doutra banda, analizar os riscos da mesma e como mitigalos será o asunto que centre a presentación do experto, José Ramón Monleón.
O programa deste foro abordará, ademais, cuestións de actualidade e tendencias para o sector TIC en Galicia como o do investimento sustentable en TI ou mesas temáticas sobre como combinar tecnoloxías para multiplicar resultados ou riscos e oportunidades da IA democratizada.
Os retos do sector e a análise dos proxectos estratéxicos de Galicia e a súa proxección empresarial ou o estudo do mercado laboral ou a capacitación e a formación TIC na nosa terra serán tamén obxecto de análise na próxima edición de GaliciaTIC. Abordaranse, ademais, entre outras cuestións como conectar talento e tecnoloxía ou claves para desenvolver un produto de software paso a paso.
Feira de Emprego
Un ano máis GaliciaTIC contará con máis dunha ducia de casetas de diferentes empresas tecnolóxicas que desexan captar talento tecnolóxico-dixital. Deste xeito, desenvolverase durante todo o día no edificio CINC unha feira de emprego que conectará a estudantes de perfís tecnolóxicos con algunhas das empresas máis representativas deste sector de actividade, que supón practicamente o 3% do PIB galego.
Xunto a isto, na sesión de tarde celebrarase un interesante speech tecnolóxico a cargo dun enxeñeiro de software baixo o título de 14 consellos de sénior que lle daría ao meu eu júnior, especialmente dirixido a mozos emprendedores no ámbito TIC.
Un foro consolidado
Para Lourdes Guerra Fornos, presidenta da asociación empresarial galega Ineo, “alcanzar a 22ª edición do foro é un fito ao alcance de poucas organizacións”. Por iso, “a continuidade sostida no tempo de GaliciaTIC, que non se detivo nin en pandemia, demostra que os seus contidos están á altura dos retos do sector e abordan cada ano cuestións que teñen que ver co mesmo, así como innovacións e tendencias tecnolóxicas que afectan a todos os sectores empresariais, por iso é polo que sexa un foro aberto a todo o mundo”.
Pola súa banda, o subdirector xeral de APD, Santiago Sesto, sinala que “desde a Asociación para o Progreso da Dirección é un verdadeiro pracer colaborar nun encontro de tanto calado na comunidade galega como GaliciaTIC. A procura de sinerxías empresariais, unidas á potenciación do desenvolvemento directivo e o coñecemento compartido fan deste encontro unha cita imprescindible para a empresa e para a sociedade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?