Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG e a Secretaría da Lingua pechan o proxecto Toponimízate 2024 cunha charla en Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG e a Secretaría da Lingua pechan o proxecto Toponimízate 2024 cunha charla en Boiro

S. P.
Publicado: 05/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rag-cartel-toponimizate-boiro.jpgA campaña da Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chega á súa fin este venres, 8 de novembro, cunha charla no Centro Social de Boiro a partir das 20 horas. Vicente Feijoo, filólogo da RAG e coordinador técnico da aplicación móbil Galicia Nomeada, explicaralles aos veciños e veciñas como empregaren esta aplicación que lles permite participar na recolla de nomes de leiras, montes, regos e outros microtopónimos. A esta sesión asistirán tamén: o alcalde boirense, José Ramón Romero García, e mais a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, María Outeiral Campos, que serán os presentadores.
Cómpre subliñar o papel relevante de Boiro neste proxecto, pois dende a presentación de Galicia Nomeada en decembro de 2019, este concello da comarca da Barbanza recibiu 623 achegas públicas de máis de 55 persoas colaboradoras. Porén, o número total de topónimos que figuran na plataforma Galicia Nomeada, 767, é menor dos recollidos en concellos próximos cos que comparte comarca, como Rianxo (2387) ou Ribeira (3458), malia o municipio boirense ter moita máis extensión territorial. “Por tanto, queda moito traballo por facer, especialmente en parroquias como Bealo ou Macenda, que contan con menos topónimos rexistrados”, sinala Vicente Feijoo.
O filólogo explicará de xeito práctico as principais funcionalidades da plataforma colaborativa Galicia Nomeada, tanto na versión web coma nas aplicacións para dispositivos móbiles: como solicitar unha conta de usuario, como engadir un novo topónimo, como enviar suxestións e completar a información da toponimia existente…
Na charla desvelarase ademais a orixe e significado dos nomes das parroquias e aldeas do concello de Boiro, contando co apoio na investigación das etimoloxías do académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.
Entre os diferentes nomes que forman o concello, teñen especial importancia a abundancia de topónimos de orixe prerromana, como Bealo, Cespón ou Lampón, todos eles nomes únicos en Galicia. O público poderá ver ademais o episodio da serie O Seminario de Onomástica responde, no que a académica Ana Boullón explica a orixe e significado do nome do concello.
Engadir que a edición 2024 de Toponimízate pechará en Boiro un percorrido por unha ducia de concellos que comezaban o pasado mes de xuño. Dende a posta en marcha desta iniciativa da RAG, desenvolvida co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, máis de oitenta concellos acolleron encontros coa veciñanza centrados na divulgación da toponimia galega e na súa salvagarda a través da colaboración cidadá facendo uso da aplicación Galicia Nomeada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?