Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames estuda prolongar a actividade dos coworkers de A Proa nunhas novas instalacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames estuda prolongar a actividade dos coworkers de A Proa nunhas novas instalacións

S. P.
Publicado: 05/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

reunion_coworkers4.jpgO Concello de Ames estuda opcións para ofrecerlles aos usuarios do coworking A Proa unhas novas instalacións onde poderen continuar coa súa actividade laboral. Así o fixeron saber este martes 5 de novembro o alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, durante o transcurso dunha xuntanza cos coworkers que fan uso do espazo colaborativo A Proa, que está situado na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro.
Dito encontro realizouse co obxectivo de coñecer aos usuarios que levan menos dun ano empregando estas instalacións e retomar a comunicación cos que están no último ano de uso deste espazo municipal, cos que se compartiu a opción de usaren outras instalacións onde continuar a súa actividade laboral unha vez finalizados os dous anos que poden facer uso do coworking A Proa (cada coworker pode facer uso das instalacións da Proa durante un período de dous anos).
Por outra banda, dende o Concello estase traballando na elaboración do novo regulamento de funcionamento do espazo colaborativo A Proa, polo que se vai abrir un período para que os coworkers que así o desexen poidan presentar propostas de mellora.
reunion_coworkers7.jpg O alcalde, Blas García, dixo que “Ames é un concello dinámico a nivel de programación cultural, non temos nada que envexarlle a ningún concello. Isto é debido a gran cantidade de xuventude que vive no noso concello. Nisto inflúe moito os servizos de conciliación que ofrecemos. Somos, xunto aos concellos de Oroso e Corcubión, os tres únicos concellos galegos con saldo vexetativo positivo. Ames ten unha actividade frenética e extensa, non dubidedes en trasladar calquera proxecto ou actividade que vexades que pode encaixar”.
Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “dende o Goberno municipal apostamos pola formación e o emprego. A nosa prioridade é traballar sempre con xente e empresas de Ames porque como sempre dicimos, en Ames témolo todo. Co espazo colaborativo A Proa quixemos dar un paso máis no ámbito da promoción económica e empresarial e pouco a pouco iremos vendo os froitos deste investimento”.
31 postos dos 36 existentes
Actualmente están ocupados 31 postos dos 36 existentes: Javier Rocamonde e Aurora Gil Méndez, de Marxe; Natalia Alvaredo, de Territorios Latentes; Carmen Freire e Dora Vieiro, de Aquelando SL; Álvaro Liste, de Serea Films; Luis Gerardo Pombo Pereira e Iría Brea Suárez, de Leiloio Internacional; Fernando Rodríguez Gómez, de Taller de Insomnio; Marcos Estévez Malvar e Sergio Ferradáns Ferreiro, de Amonte; Carlos López Ríos, de Gran Rural; José Luís Diéguez Pérez e Juan Manuel Rodríguez González, de Mundo Conexión; Juan Luís Magariños Lapido, de Vivir en el Ser; e Carolina Buján Diéguez, de A Masa.
Os sectores das empresas postas en marcha por estes coworkers son moi variados: arquitectura, economía circular, produción audiovisual, comercio internacional, agroforestal, plataformas web: actividades rurais, telecomunicacións, saúde mental e desenvolvemento persoal, e redes sociais.
Ademais, hai outros 15 postos ocupados polas persoas que desenvolven os 15 proxectos que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Nesta primeira edición do Ames AV LAB, foron seleccionadas catro series, seis curtametraxes, tres longametraxes e dous documentais.
Na actualidade, nas instalacións do espazo colaborativo A Proa desenvólvense 26 proxectos, 11 por parte dos coworkers e 15 que se enmarcan dentro do Ames AV LAB.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?