Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo programa galego Nexos vén con máis de 20 millóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo programa galego Nexos vén con máis de 20 millóns

S. P.
Publicado: 05/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nexos_gain_xunta.jpgO conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, clausurou este 5 de novembro a xornada participativa co ecosistema galego de I+D+i no que se definiron os ámbitos temáticos que priorizará o novo programa Nexos. Trátase dunha liña de axudas, que se publicará en 2025 e estará dotada con máis de 20 millóns de euros, que o conselleiro anunciou para apoiar proxectos de I+D+i entre empresas en colaboración con centros de coñecemento. Salientou, no capítulo de novidades da, que se lle dará prioridade a un número reducido de ámbitos temáticos e a incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas, evolucionando así o programa ConectaPeme que funcionaba anteriormente.
Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, salientou algúns resultados do balance da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020, que foron presentados e validados cos axentes galegos da I+D+i ao longo da xornada. Entre eles, apuntou que 2os axentes galegos obtiveron financiamento público por importe superior a 1.600 millóns de euros para a súa I+D+i, que permitiu mobilizar máis de 2.400 millóns de euros”. Así mesmo, subliñou “os avances en todas as metas da estratexia, especialmente no tocante ás oportunidades para o talento investigador e emprendedor”.
600 contribucións
A través dun proceso participativo que recibiu máis de 600 achegas, os participantes apuntaron entre os resultados máis relevantes “o aumento das empresas innovadoras, a transformación do tecido empresarial, o incremento dos niveis de colaboración público-privada, o número de profesionais dedicados á investigación e a modernización de infraestruturas e equipamentos de I+D+i”.
No que respecta aos impactos derivados destes apoios, Rodríguez e Cotelo lembraron que o gasto en I+D+i incrementouse nun 57% no período de vixencia da Estratexia, a produción científica nun 62% e os establecementos de alta e media alta tecnoloxía nun 61%. Por último, en canto á adecuación das axudas ás necesidades existentes, case un 90% dos participantes amosáronse satisfeitos.
O conselleiro sinalou que estas conclusións da Estratexia de Especialización Intelixente 2014-2020 permitirán orientar os seguintes pasos na consolidación de Galicia como territorio referente en innovación, en concreto o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-27. De feito, esta xornada serviu para seguir avanzando na elaboración deste, da man dos integrantes do ecosistema galego de I+D+i, que tiveron oportunidade de participar activamente na definición dos instrumentos concretos que incluirá.
Posteriormente, o Plan pasará por unha serie de pasos: contrastarase cun grupo de expertos e será sometido á Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta e ao Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, antes da súa aprobación por parte do Consello da Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?