Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UVigo SpaceLab alcanza o deseño final do satélite BIXO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UVigo SpaceLab alcanza o deseño final do satélite BIXO

S. P.
Publicado: 05/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_spacelab_zona_franca_vigo.jpgA Zona Franca de Vigo acolleu a presentación dos deseños finais do satélite da misión biolóxica espacial BIXO, o proxecto do equipo de estudantes de UVigo SpaceLab que, durante este último ano, tivo o apoio e patrocinio do Consorcio.
O proxecto culminará co lanzamento do satélite ao espazo cunha carga biolóxica no seu interior coa finalidade de estudar como afecta a radiación á bacteria nunha exposición prolongada. BIXO será o satélite máis pequeno con carga biolóxica que se poñerá en órbita.
Unha representación do equipo de SpaceLab, no que traballan máis de 40 estudantes de diferentes titulacións, mantivo este martes un encontro coa delegación de Zona Franca liderada por David Regades. Guillermo Calvo, líder técnico do equipo e responsable de Electrónica: Estela Lima, coordinadora e responsable de Organización e Marketing; Iliana Durán, responsable do departamento de Bioloxía; e Víctor Iglesias, responsable do departamento de Software, mostraron ao delegado os avances realizados na Misión BIXO durante a participación do equipo no Fly Your Satellite Design Booster, o programa da Axencia Espacial Europea. Foron 18 meses de asesoramento e acceso ás instalacións da ESA; outro período de formación intensiva no ESTEC, o Centro Europeo de Investigación e Tecnoloxía Espacial; ou a Final Design Review, trala que se aplicaron todas as recomendacións, as leccións aprendidas e a visión de futuro.
David Regades, que avanzou ao equipo que a Zona Franca aumentará o seu apoio ao proxecto, aplaudiu este novo éxito alcanzado por este grupo de estudantes “que non deixa de asombrarnos co seu enorme talento, a súa innovación, vocación pola investigación e a súa capacidade de traballo en equipo”. O delegado do Estado renovou a aposta da Zona Franca polo sector aeroespacial, “unha dos acenos de identidade do Consorcio”, e augurou un “futuro máis que brillante a este proxecto”.
Por certo que o UVigo SpaceLab xa ten listo o prototipo da estrutura do satélite, deseñado polos estudantes e fabricado por Precisgal. Pesentou tamén o deseño final da antena de parche de banda S que irá a bordo do BIXO e permitirá unha alta descarga de información; o prototipo avanzado do sistema microfluídico, ensamblado co hardware de medición do experimento biolóxico; e o FlatSat, a placa basear igualmente deseñada polo equipo vigués e fabricada por Star Electrónica.
Respecto á posta en órbita da misión, o 21 de setembro de 2022 anunciábase publicamente que BIXO sería lanzado pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento (CSAC). A oportunidade xurdiu tras gañar o primeiro posto no Space Universities CubeSat Challenge (SUCC), organizado coa Federación Internacional de Astronáutica (IAF). Na actualidade, está a traballarse en contacto co lanzador para coñecer os requisitos que BIXO deberá cumprir para este lanzamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?