Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes da UVigo deseñan un videoxogo ambientado na Idade Media
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes da UVigo deseñan un videoxogo ambientado na Idade Media

S. P.
Publicado: 06/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

videoxogos_uvigo_ecos_del_bosque_pocomtecart.jpgUn dos relatos que integran Medievalario, o libro sobre a Idade Media do escritor vigués Fran Zabaleta, constitúe o punto de partida do proxecto de videoxogo que ao longo deste cuadrimestre desenvolve un grupo de estudantes dos graos en Comunicación Audiovisual e en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación.
Fano no marco dunha iniciativa do grupo de innovación docente ComTecArt, que busca “achegar o alumnado aos procesos de traballo na industria do videoxogo, a través dunha experiencia que leva a estudantes destas dúas titulacións a traballar conxuntamente no deseño e desenvolvemento da primeira fase dun videoxogo, no marco da súa formación en diferentes materias”, informou a UVigo, engadindo que a iniciativa é promovida desde 2017 polas/os docentes Beatiz Legerén, Antonio Pena, Enrique Costa e Luis Fernández tomando como punto de partida cada curso unha obra literaria ou guión cinematográfico dun autor ou autora galega, como é neste caso El husmo de la tierra, unha das tres novelas curtas que integran Medievalario.
pocomtecart2.jpgGuionista de documentais, editor e autor de novelas e libros de viaxe, historia e divulgación, Zabaleta coñecía nos últimos días, nun encontro por vídeo-conferencia, o proxecto de videoxogo no que traballan dez alumnos e alumnas, Ecos del Bosque.
Publicada en 2011, Medievalario reúne un conxunto de historias protagonizadas por personaxes que representan os diferentes estamentos daquela sociedade, das que o grupo ComTecArt seleccionou a protagonizada, como recolle o texto de presentación do libro, por “un rapaz campesiño que vive nunha pousada do Camiño de Santiago, de pai descoñecido e tan fermoso que todos creno fillo do demo”.
Cinco alumnos e alumnas da Facultade de Comunicación e outros cinco da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación integran o equipo de traballo responsable de levar a cabo este videoxogo e do que forman parte, como lembra Antonio Pena, tres estudantes procedentes de Corea, Montenegro e Croacia, que se forman no presente curso na UVigo ao abeiro de diferentes programas de mobilidade internacional. Nos últimos días, este grupo presentaba a Zabaleta a proposta de xogo na que se atopan traballando, Ecos del Bosque, “un role playing game en terceira persoa”, no que o a persoa xogadora controla a Roi, o neno protagonista do relato, “co obxectivo de conseguir que sobreviva”, explicaron. O xogo arranca cando este personaxe “esperta só nun bosque, morto de fame”, o que levarao a buscar alimentos, primeiro no propio bosque, logo nunha aldea, “na que todos foxen del” e finalmente nunha granxa, na que se atopa con outro dos personaxes do relato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?