Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 250 persoas participan en Santiago en GaliciaTIC 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 250 persoas participan en Santiago en GaliciaTIC 2024

S. P.
Publicado: 07/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20241107_lorenzanainauguragaliciatic_3.jpgMáis de 250 persoas participaron este xoves 7 de novembro na edición 2024 do histórico congreso tecnolóxico GaliciaTIC, foro organizado pola Asociación de Empresas Tecnolóxicas de Galicia (Ineo) no que se debateu principalmente sobre o impacto que a Intelixencia Artificial ten no ámbito empresarial e na vida dos cidadáns. O evento, que este ano chegou en Compostela (na Cidade da Cultura) á súa 22a edición, foi inaugurado pola conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana.
Na súa intervención, Lorenzana referiuse á consolidación do ámbito TIC na comunidade galega. “É un sector frutífero e dinámico”, afirmou a titular de Economía e Industria, cun “4,2% máis de empresas creadas ao seu redor no último ano” ata chegar a case 4.200 e 30.000 empregados. Engadiu tamén que as firmas TIC galegas representan “un 5% do total das existentes en España”. A conselleira aproveitou a cita para a anunciar a creación dunha área específica de innovación no ámbito industrial, dotada con máis de 60M€ nos orzamentos de 2025, para fortalecer o tecido produtivo.
Pola súa banda, a presidenta do Ineo, Lourdes Guerra, definiu GaliciaTIC como un “foro de converxencia entre tecnoloxía, sustentabilidade e innovación” e referiuse a el como unha “plataforma de aprendizaxe, un motor de acción para formar parte do cambio cara a un futuro humano”. Por último, tamén aludiu ás perspectivas de colaboración e empresariais que poden xurdir en cada edición do foro posto que se concibe en certo modo como unha panca de networking.
No foro tamén interveu Ignasi Belda, nomeado director da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) en xuño, quen abordou na súa intervención o papel do organismo que dirixe para consolidar a IA e garantir que non se converta “nunha onda que pasa”. Seguindo este fío debullou a normativa europea de Intelixencia Artificial que clasifica estas ferramentas intelixentes en catro categorías: as de risco inaceptable (en Europa); as de risco medio- alto e risco medio (en cuxo funcionamento pode haber unha vida humana en perigo, un dereito fundamental en risco, que pode afectar ao medio ambiente ou que pode danar infraestruturas críticas) e as de risco cero, “que son o 90 ou 95% das aplicacións de Intelixencia Artificial”, segundo o relator.
Pola súa banda, o experto José Ramón Monleón, de +Orange, analizou os riscos da Intelixencia Artificial. Neste sentido, defendeu a necesidade de “protexelos” para que poidan ser utilizados só para o que “se definiron” e advertiu sobre as IA gratuítas. “Cando algo é gratis, o produto es ti”, dixo.
Regulamento, ética e seguridade
O foro conta coa participación de 30 expertos como moderadores e relatores ao longo da xornada e nesta edición acordouse coa Asociación para o Progreso da Dirección organizar unha mesa de debate específica para directivos de calquera tipo de empresas, interesados en coñecer as novidades, avances e tendencias tecnolóxicas.
Na súa intervención, o subdirector xeral da APD, Santiago Sesto, sinalou que para o desenvolvemento da IA é fundamental que non haxa “unha regulación excesiva” e, ademais, considerou “moi importante” a parte ética. “A ética débese aplicar e exercer cos modelos de IA que desenvolve cada empresa ou organización”, engadiu. Por último, tamén aludiu á seguridade e á formación das persoas que a utilizan como alicerces sobre os que construír o futuro da IA.
O programa deste foro tamén aborda, ao longo de toda a xornada deste xoves 7 na Cidade da Cultura, temas de actualidade e tendencias para o sector TIC galego como o investimento sostible en TI. Tamén programa mesas temáticas sobre como combinar tecnoloxías para multiplicar resultados ou riscos e oportunidades dunha IA democratizada. Paralelamente, fai referencia a como conectar talento e tecnoloxía e detalla as claves para desenvolver un produto de software paso a paso.
Captación de talento
Xunto a isto, GaliciaTIC volve contar cunha feira de emprego in situ. Nunha ducia de stands de diferentes empresas que queren captar talento TIC, conectáronse 180 estudantes de catro ciclos de Formación Profesional relacionados coas TIC, así como estudantes universitarios e de escolas de negocios con perfís tecnolóxicos, con algunhas das firmas máis representativas deste sector de actividade, que representa o 3% do PIB galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?