Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O II Foro FIGA comparte fórmulas para acadar audiencias a través da diversidade lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O II Foro FIGA comparte fórmulas para acadar audiencias a través da diversidade lingüística

S. P.
Publicado: 07/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

figa_judith.jpgA Academia Galega do Audiovisual está a celebrar o II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) na Cidade das TIC da Coruña ata este sábado 9 de novembro. O foro conta coa participación de máis de 30 profesionais de ámbito nacional e internacional, quen discute os retos e oportunidades de producir e exhibir contidos en linguas minoritarias.
A xornada deste xoves 7, baixo o título En busca da nova televisión: públicos novos, accesibilidade e referentes renovados, abordou o desafío de conectar con audiencias novas desde unha perspectiva de diversidade lingüística. Judith de Argila, xefa de contidos dixitais, transmedia e creación de comunidades de 3Cat, ofreceu o relatorio inaugural, titulado Narrativas para redes e público nova e milenial. De Argila destacou a importancia de renovar a estratexia dos medios públicos para atraer a xente nova que consume contido principalmente en redes sociais, fóra da contorna televisiva tradicional. No caso de 3Cat, subliñou a adaptación da súa estrutura para crear contidos específicos e transformar os formatos das canles tradicionais, todo iso co obxectivo de cumprir a súa misión de entreter, informar e formar.
figa_mesa_redonda.jpgA continuación, Daniel Hernández, director de Estratexia de 3Cat; Fernando Ojea, director de Contidos de CRTVG e secretario xeral de Circom-regional.eu; e José Luis Blanco, director de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran, expuxeron as estratexias de programación dixital das súas respectivas cadeas. Os tres resaltaron a importancia de que os cidadáns poidan acceder a contidos informativos na súa lingua e defenderon a creación de franxas e canles específicas para públicos novos, atendendo as súas preferencias e os códigos de comunicación dixital.
Novos referentes no audiovisual galego
A última sesión da mañá, titulada Referentes renovados: do videoclip á curtametraxe de autor e as series web, contou con Adrián Canoura, realizador de videoclips e cinema experimental; Andrea Villa, programadora do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay; e Marta Cruañas, produtora no Canadá. Os relatores discutiron as tendencias e oportunidades en formatos innovadores que adoitan estar á marxe das grandes producións.
O papel da accesibilidade e a tradución
A sesión da tarde abriuse cunha intervención por videoconferencia de Pablo Romero, profesor de Tradución e Lingüística na Universidade de Vigo. Romero analizou os mecanismos que entran en xogo no espectador ao consumir contido audiovisual subtitulado e resaltou que, aínda que a accesibilidade está regulada, debería integrarse co departamento creativo desde o principio do proceso de produción.
Para pechar a xornada, Charo Pena (actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais), María Suárez (tradutora audiovisual) e Samuel Solleiro (tradutor audiovisual e literario) compartiron a súa visión sobre a tradución como ferramenta clave para a normalización de linguas minoritarias no audiovisual.
Sesións dos vindeiros días
O venres 8 de novembro, baixo o lema Unha esfera cultural propia: producir en linguas minoritarias, explorarase o impacto da creación en linguas non hexemónicas no panorama cultural e industrial. A clausura do foro, o sábado 9, abordará as posibilidades de construír un sistema audiovisual estable e en lingua galega, que impulse a normalización do idioma no sector.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, apoiada polo Concello da Coruña e a área de Cultura da Deputación da Coruña, e conta nesta edición coa colaboración da Cidade das TIC e o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?