Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata o proxecto de CITMAga para producir silicio sostible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata o proxecto de CITMAga para producir silicio sostible

S. P.
Publicado: 07/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citmaga_sicilio.jpgLogo de cinco anos de investigación, o proxecto SisAl Pilot sobre o desenvolvemento de procesos sostibles para a produción de silicio pechaba o seu ciclo. A xuntanza final do consorcio no que participa a Universidade de Santiago (USC) a través do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que se celebrou en Bruxelas servía para concluír os obxectivos acadados nesta investigación financiada polo programa Horizon 2020.
Indo ao proxecto en cuestión, SisAl Pilot centrouse en escalar e demostrar unha nova tecnoloxía patentada: a redución aluminotérmica de cuarzo en escoria, empregando materias primas secundarias, como chatarra e residuos de aluminio ao final da súa vida útil. Estes materiais substitúen aos redutores de carbono tradicionais, conseguindo unha alternativa máis sostible tanto económica como ambientalmente.
SisAl Pilot promove a circularidade de xeito pioneiro a través dunha simbiose industrial entre os sectores do aluminio e o silicio, onde a industria do aluminio non só actúa como provedora de materia prima, senón tamén como usuaria final dos produtos da industria do silicio. Os resultados demostraron que este proceso é viable non só a pequena escala, senón tamén a nivel industrial. Ao longo do proxecto, validouse a calidade dos produtos xerados, o seu impacto ambiental, e avaliáronse parámetros económicos fundamentais para establecer as bases da súa futura comercialización.
Cada un dos socios presentou na xuntanza os avances acadados nos diferentes paquetes de traballo desde a última reunión en Sudáfrica. Durante este tempo, o CITMAga (do que forma parte a USC) contribuíu esencialmente ao modelado e simulación numérica dos procesos que teñen lugar nos fornos industriais de Fundiciones Rey e ELKEM. SisAl Pilot acadou numerosos fitos importantes nos seus catro anos de actividade, entre os que salienta a produción de metal SisAl no forno rotativo de Fundiciones Rey en Vilagarcía de Arousa.
A mesa redonda organizada por Science|Business xunto coa oficina da NTNU en Bruxelas titulada: Critical Raw Materials and Circular Economy: A New Way Forward for Europe? reuniu especialistas de diversas áreas do eido político, industrial, académico e financeiro co propósito de debater como Europa pode mellorar a súa capacidade para acceder e xestionar materiais críticos como o silicio, asegurando a súa competitividade nun marco de sostibilidade e protección ambiental. A discusión abordou como os logros do proxecto SisAl Pilot serven de exemplo para avanzar en tecnoloxías circulares e libres de carbono na produción de silicio, e como estes avances poden guiar a próxima fase estratéxica da política da Unión Europea.
En canto ao equipo de SisAl Pilot, sinalar que se atopa dirixido por: Alfredo Bermúdez, e por parte do CITMAga están, José Luis Ferrín, Pilar Salgado e Dolores Gómez, a súa actual coordinadora. Asemade, participaron: Jorge Albella, Branca García, Luis Pérez, Óscar Crego e Iván Martínez, xunto con Sebastián Bouzas á fronte da xestión. Tamén se contou coa participación de Javier Bullón, membro do Comité Asesor Industrial do CITMAga. O proxecto coordinado pola Norwegian University of Science and Technology, baixo a dirección de Gabriella Tranell e a xestión de Maria Wallin, contou coa participación de 22 socios, entre eles CITMAga, e empresas como Fundiciones Rey (España), ELKEM (Noruega) e Mintek (Sudáfrica).
O silicio
Segundo se fixo saber, o silicio é unha materia prima fundamental, con moitas empresas dedicadas á súa produción. Utilízase en particular na industria electrónica para a elaboración de semicondutores e microchips para os computadores, pero tamén noutros ámbitos como os paneis solares, nas aliaxes do aluminio e nas siliconas. Neste proxecto patentouse un proceso sustentable e económico para a produción de silicio, considerado na actualidade como “un material moi relevante para Europa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?