Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo presenta o prototipo dun coche conectado colaborativo que mellorará a seguridade nas estradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo presenta o prototipo dun coche conectado colaborativo que mellorará a seguridade nas estradas

S. P.
Publicado: 07/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vigo_coche_conectado.jpgO alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta semana o prototipo do vehículo colaborativo conectado que xa circula pola cidade copiando información e facendo ensaios co obxectivo de mellorar a seguridade urbana con ferramentas intelixentes. Explicou tamén que o vindeiro mércores 13 de novembro farase unha demostración sobre as posibilidades que ofrece o vehículo e a tecnoloxía que incorpora para a condución. “Trátase de estender a todos os coches da cidade os avances que xa utilizan as unidades da Policía Local e de Bombeiros”, sinalou.
O alcalde explicou este martes 5 de novembro que a presenza nas rúas de Vigo do prototipo de vehículo colaborativo conectado incardínase no proxecto IN2CCAM, financiado pola UE dentro do programa Horizonte Europa, no que participan tamén as cidades de Tampere, de Finlandia; Trikala, de Grecia; Turín e Bari, de Italia; e a área metropolitana de Braga, Barcelos, Guimarães e Famaliçao.
Trátase de servizos de mobilidade “cooperativa conectada e automatizada”, explicou, engadindo que isto supón que cada coche que circule no futuro levará unha tecnoloxía que lle permitirá detectar o que suceda nunha contorna de 200 ou 300 metros, como a presenza de peóns transitando indebidamente, fochancas ou semáforos sen funcionamento. “Esa mensaxe enviarase a través do seu propio sistema automatizado e chegará ao resto de automóbiles que se atopen na zona”, detallou o rexedor.
O estudo, que conta con 5 millóns de euros de financiamento europeo, está liderado desde Vigo, destacou Caballero. O coche denomínase CARLOTA (siglas de Car Learn On-road Think Autonomus).
Caballero lembrou que a cidade conta desde 2021 coa aplicación Vigo Driving que proporciona información en tempo real sobre obras, accidentes ou aproximación de vehículos de emerxencia. “Este modelo novo aínda vai superar o que estamos a facer xa neste momento”, sinalou ao lembrar que coa aplicación, os vehículos da policía e os bombeiros contan cun sistema que lles dá prioridade semafórica para chegar canto antes ao obxectivo. “Estamos a continuar para que isto se estenda a todos os coches da cidade”, engadiu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?