Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa das Máquinas de Santiago acolleu a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa das Máquinas de Santiago acolleu a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia

S. P.
Publicado: 08/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_santiago_faire_makers1_0.jpgA Casa das Máquinas (Santiago) acolle a Xornada de Oficios da Maker Faire Galicia, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións e encadrado na décima edición da Maker Faire Galicia, que vén con tres sesións achegando un formato innovador que pretende que a feira teña presenza ao longo de todo o ano.
Na cita participaron o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Gabriel Alén, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o co-fundador da feira maker de Compostela, Enrique Saavedra, e máis a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuvenude, María Rozas.
Na inauguración, a edil santiaguesa enxalzou o valor dos oficios ancestrais “non só porque son parte da nosa identidade nun mundo cada vez máis globalizado, senón tamén pola súa importancia desde o punto de vista económico e o papel que poden xogar na creación de emprego de calidade”.
Como dixemos, a Xornada de Oficios é unha das tres sesións nas que nas súa décima edición se dividiu a Maker Faire Galicia, que tamén nos brindará en xuño en Área Central (Santiago) unha xornada centrada na innovación social e máis unha terceira cita adicada á industria.
20241108_artesaniamakerfaire_1.jpgNa inauguración, a tenenta de alcaldesa de Santiago explicou que as tres temáticas elixidas para a Maker Faire “encaixan coas liñas de traballo que mantemos desde a Concellaría de Promoción Económica”. María Rozas incidiu en que “a Maker é unha moi boa oportunidade para achegar os oficios tradicionais e a artesanía a novos públicos, e tamén polo tanto para procurar o relevo xeracional”.
Despois da apertura institucional, a primeira charla da xornada correu a cargo de Elena Ferro, artesá de terceira xeración. Tamén participaron Álvaro Indias Salguero, de Arteotro Workshop; ou Francisco Millán, de Frouma; e a artista multidisciplinaria Attua Aparicio, co-fundadora do Silo Studio e con sede en Londres. A xornada completouse cunha mesa redonda sobre comunidades de makers, con Álvaro Indias, Beatriz Barril, Leticia Castro e Carme Casado; e outra sobre novos materiais, con Attua Aparicio, Francisco Guitián e Elena Fabeiro, que explorarán a importancia da innovación nos oficios tradicionais.
A xornada inclúe tamén obradoiros dirixidos principalmente a centros educativos, e pola tarde celebrarase unha sesión de metodoloxía Think Tank onde expertas/os, relatoras/es e argalleiras/os discutirán a porta pechada o futuro dos oficios tradicionais, as oportunidades e os desafíos que deben superar para manterse relevantes no século XXI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?