Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo xa ten restablecido o servizo de telefonía e Internet nas zonas afectadas pola DINA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo xa ten restablecido o servizo de telefonía e Internet nas zonas afectadas pola DINA

S. P.
Publicado: 08/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

despregue_adamo_valencia_dina_dana.jpgA operadora catalá Adamo vén de informar do restablecemento do servizo de telefonía e Internet nas zonas de Levante afectadas pola DINA (siglas de Depresión Illada en Niveis Altos). A empresa recoñece ter mobilizado os máximos recursos para acadar a plena actividade da súa rede, e máis tendo en conta o drama que está a provocar “a falta de noticias sobre os seres queridos, unha das consecuencias máis duras que provocou a situación provocada pola devastadora gota fría dos días pasados”.
E engade: “Non saber como están os familiares e os amigos desaparecidos produce unha lóxica preocupación nas persoas que tratan de contactar con eles, polo que considerando este escenario dramático, Adamo quixo poñer o seu gran de area facendo o que mellor sabe, o que pode, poñendo o foco nas comunicacións”.
De entrada, Adamo xa ten restablecido o servizo de telefonía e Internet de alta velocidade nos fogares afectados pola DINA. De maneira específica, a fibra óptica funciona con normalidade nos 25 nodos que quedaron danados polas riadas.
Ademais ofrece datos gratuítos adicionais para o móbil aos afectados pola gota fría. En concreto, a compañía agasalla 50 GB para usar durante o mes de novembro aos seus clientes co obxectivo de “que teñan datos suficientes no móbil e poder comunicarse”. Os afectados que así o necesiten, se se quedaron sen datos nas súas liñas móbiles, poden chamar gratis ao 900651651 e solicitalos.
De forma paralela, Adamo mantén aos seus técnicos a pleno rendemento e alerta para reparar os posibles danos que poidan xurdir na súa rede de fibra óptica. Para que os usuarios sexan conscientes diso, a empresa fíxolles chegar a seguinte mensaxe SMS: “Toda a nosa solidariedade polos efectos DINA. Os nosos equipos traballan para recuperar o servizo de fibra de Adamo na túa zona que se está vendo afectada”.
Así mesmo, a empresa e os seus empregados están a solicitar tanto doazóns económicas como alimentarias para facerllas chegar á poboación a través da Cruz Vermella. Parte das mesmas xa foron enviadas “coa máxima celeridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?