Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo da EE Forestal da UVigo usa as novas tecnoloxías para o control das especies arbóreas invasoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo da EE Forestal da UVigo usa as novas tecnoloxías para o control das especies arbóreas invasoras

S. P.
Publicado: 08/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_hidroforest_poacacia1.jpgPrever a evolución das especies arbóreas invasoras é o obxectivo do proxecto de investigación ACACIA-SAT levado a cabo polo grupo HidroForest da Escola de Enxeñaría Forestal da UVigo. Financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, este equipo de investigadoras e investigadores traballa no desenvolvemento dunha metodoloxía que, a partir de imaxes de satélite e de tecnoloxía LiDAR, permita identificar e cuantificar a extensión masas arbóreas de especies invasoras como a acacia, que poden causar graves danos ecolóxicos.
O grupo de investigación HidroForest, creado neste 2024, é o responsable do proxecto ACACIA-SAT, que abrangue tamén o desenvolvemento “dun modelo preditivo baseado na aprendizaxe automática”, que permita estimar a evolución futura das masas de acacia.
Seleccionado na convocatoria de 2022 de axudas a Proyectos de Generación de Conocimiento, o proxecto Sinergias de Sentinel, LiDAR y bioenergía en la conservación de espacios protegidos: detección, estimación y gestión de residuos de Acacia (ACACIA-SAT) ten como investigadora principal á responsable do grupo Hidro-Forest, Xana Álvarez. A súa finalidade “é mellorar o coñecemento da aplicación de tecnoloxías LiDAR e imaxes de satélite para a conservación da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos nas áreas protexidas”, tendo en conta que as especies exóticas invasoras son, xunto ao cambio climático, “as principais ameazas que enfronta a biodiversidade”, subliña Xana.
Asemade, o grupo Hidro-Forest, que ten ata 2026 para levar adiante o seu proxecto, buscará comprobar a viabilidade dunha “metodoloxía única e innovadora para detectar especies exóticas invasoras”, así como para cuantificar aspectos como o volume de madeira ou a altura e diámetro das árbores. A investigación centrarase en dúas especies de acacia (A. dealbata e A. melanoxylon), por ser as máis estendidas nas áreas piloto do proxecto: o Parque Natural das Fragas do Eume e o Lugar de Importancia Comunitaria da Serra do Cando.
Segundo Álvarez, a selección destas áreas de estudo permitirá comparar “os resultados obtidos coa verdade-terreo”, mais a idea é que “estas ferramentas poidan empregarse en amplas zonas do territorio coa mesma problemática”. De feito, os primeiros traballos leváronse a cabo recentemente nas illas Cíes e Ons, coa colaboración do persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Asemade, outro dos eixes do proxecto é o desenvolvemento dun modelo preditivo, nun marco temporal que abrangue ata 2050, dirixido a coñecer “como se distribuirá a acacia ao longo do territorio”, tendo en conta os “diferentes escenarios climáticos”. Este modelo, explica Álvarez, buscará tamén avaliar como esta evolución podería afectar “á conectividade ecolóxica en espazos protexidos”, tendo en conta ademais a “alta adaptabilidade” e a “rápida taxa de crecemento” destas especies. Isto permitiría á súa vez “avaliar as posibles medidas de mitigación e control da distribución da acacia a medio-longo prazo, de maneira que sirva como unha ferramenta que axude aos xestores a tomar as mellores decisións”. Así, outro dos obxectivos do proxecto é a transferencia dos resultados obtidos “para a súa integración nos sistemas de decisións e para a sensibilización da sociedade”.
Pensando en contribuír a unha “xestión integral” destas especies invasoras, outra das liñas de traballo do proxecto estará centrada no estudo do potencial enerxético da acacia. Neste punto será o catedrático Luis Ortiz o encargado de avaliar a posibilidade de empregar os residuos forestais resultantes da xestión desas masas para a xeración de biocombustibles, tanto pélets ou briquetas, como carbón vexetal ou biochar, liña na que contará coa colaboración do investigador Óscar González.
Amais de Álvarez, Ortiz e González, ACACIA-SAT conta tamén coa participación dos investigadores da EE Forestal: Carolina Acuña, Pedro Lago, Mario García, Carlos Peco, Diego Barba, Elena Seoane, Antonio Vidal, Sofía Villar e Juan Luis Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?