Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Oficina Europea de Patentes adxudica a Altia un contrato para o desenvolvemento das súas aplicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Oficina Europea de Patentes adxudica a Altia un contrato para o desenvolvemento das súas aplicacións

S. P.
Publicado: 11/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oficina_patentes.jpgA empresa galega Altia é a líder do consorcio que se encargará do desenvolvemento e o mantemento das aplicacións da Oficina Europea de Patentes durante os vindeiros cinco anos. Este contrato fortalecerá a infraestrutura tecnolóxica da EPO e será un elemento importante na posta en marcha do seu Plan Estratéxico 2028. O contrato ten un valor máximo estimado de 160 millóns de euros. O consorcio inclúe ás empresas Bilbomática (Altia), ARHS, SoftServe e SAM Solutions; todas elas con ampla experiencia en proxectos tecnolóxicos de gran envergadura.
A empresa galega explicou que este contrato, denominado SDAM, é “fundamental” para a EPO, institución intergobernamental que recibiu máis de 199.000 solicitudes de patentes en 2023 e xoga un papel crucial no apoio á innovación e o crecemento económico en Europa.
O contrato da EPO céntrase no desenvolvemento e mantemento de aplicacións críticas para a organización e alcanza os dominios relativos a negocio, corporativos e de publicación web. Altia, xunto cos seus socios do consorcio, será responsable da creación, mantemento e optimización das aplicacións que soportan os procesos internos e externos da EPO. “Estas aplicacións”, explican fontes da empresa con sede en Oleiros, “serán ser robustas, eficientes, flexibles e capaces de manexar as complexidades do sistema de patentes europeo”. O consorcio, ademais, será responsable da evolución e do mantemento preventivo e correctivo das aplicacións obxecto do contrato, garantindo a súa operatividade e seguridade. Isto inclúe o soporte, a resolución de problemas e a actualización de sistemas para manter altos niveis de rendemento.
Ademais, implementaranse melloras na infraestrutura tecnolóxica da EPO, con actualizacións de seguridade e optimización do rendemento para asegurar que os sistemas sexan resilientes e capaces de adaptarse a futuras demandas.
“Estamos moi orgullosos de liderar este consorcio e de ser seleccionados pola EPO para un contrato de tal relevancia e envergadura”, afirma Óscar Fernández, director de Altia European Services, engadindo que “a experiencia combinada dos nosos socios permítennos abordar as complexas necesidades tecnolóxicas da EPO con eficacia e seguridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?