Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ciclo de podcast Aquí faltan páxinas difunde a traxectoria artística de Mercedes Ruibal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ciclo de podcast Aquí faltan páxinas difunde a traxectoria artística de Mercedes Ruibal

S. P.
Publicado: 11/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aqui_faltan_paxinas_20241108_sandra_bastos_afp1.jpgA pintora Mercedes Ruibal centrou unha nova entrega do programa provincial de podcast Aquí faltan páxinas, celebrado o 9 de novembro no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abriu o faladoiro no que as persoas asistentes puideron coñecer a historia da artista da man de Graciela Baquero Ruibal, poeta, narradora e coordinadora de obradoiros de creatividade, ademais da súa sobriña. O faladoiro subirase á Rede en formato podcast no sitio web institucional e tamén en Ivoox e Spotify con testemuños recollidos durante o encontro.
A deputada provincial Sandra Bastos sinalou que “actualmente a súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos, e tamén en coleccións privadas”, polo que “Mercedes Ruibal ben merece un espazo neste programa, porque queremos contar historias apaixonantes das que podemos sentirnos orgullosas, para visibilizar o legado de grandes mulleres e inspirarnos nelas”.
aqui_faltan_paxinas_20241108_sandra_bastos_afp.jpgMercedes Ruibal, nada en Xeve, nunha familia de grandes inquietudes artísticas que se viu obrigada a emigrar a causa da guerra. En Bos Aires iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre e, cando regresou a Galicia, fíxoo convertida en pintora. Viviu en Madrid e tras casar con Agustín Pérez percorreu medio mundo, con parada en cidades como Roma, onde compartiu estudo con Rafael Alberti.
A segunda colección do programa Aquí faltan páxinas busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia. Ademais da de Ruibal, inclúe as historias da pintora Carmen Babiano, as leiteiras de Pontevedra, a investigadora Inmaculada Paz Andrade, a escritora Avelina Valladares, a guerrilleira Placeres Castellanos, a fotógrafa Mary Quintero, as madriñas de Redondela, a raíña Dona Urraca, a soprano María Pardo, a política e activista Urania Mella e a combatente María Araujo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?