Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña intensificará a súa aposta polo emprego, a innovación e os novos contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña intensificará a súa aposta polo emprego, a innovación e os novos contidos

S. P.
Publicado: 12/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

orzamento_deputacion_coruna.jpgO Orzamento da Deputación da Coruña prosegue a súa liña ascendente dos últimos anos, achegando para 2025 unha cifra de 240.500.200 €, a maior cifra da historia da institución provincial, cun incremento de 18 millóns (+ 8,26%) con respecto ao presente exercicio.
Estes e outros datos foron achegados este 12 de novembro polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, acompañado do vicepresidente Xosé Regueira, e do deputado de Ecomomía, Facenda e Avance Dixital, José Ramón Rioboo. A nivel tecnolóxico e innovador, explicaron que se intensifican os esforzos polo emprego e o emprendemento xerados na Rede Provincial de Coworking e que en 2025 comeza a funcionar a iniciativa Coruña Estudio Inmersivo, o maior escenario audiovisual virtual de España.
Respecto do emprego e o apoio aos sectores produtivos, os Orzamentos 2025 investirán 30,2 millóns de euros, arredor dun 12,5 % do total. O Plan de Emprego Local (PEL) será un dos grandes protagonistas neste ámbito, cun orzamento que pasa dos 15.9 a 16,2 millóns de euros (+1,8%). Formoso lembrou que, entre 2016 e 2024, a Deputación da Coruña destinou máis de 140 millóns de euros á creación de empresas e fomento do emprego, apoiado a 2.980 empresas e 4.159 autónomos e creando 7.196 empregos nos sectores público e privado a través das principais liñas do PEL.
“Estamos ante un Plan que non só impulsa a creación de emprego, senón que ademais aposta firmemente polo emprendemento, a innovación e o apoio ás pequenas e medianas empresas e as persoas autónomas”, afirmou o deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, que anunciou que tamén seguirán impulsando a Rede Provincial de Coworking, que conta xa con 11 centros, e engadiu que “os orzamentos contemplan unha partida de 300.000 euros para ampliar o coworking do Pazo de Arenaza, que foi o primeiro que puxo en marcha a Deputación, e que conta cunha elevada demanda por parte dos emprendendores”.
No que atinxe aos contidos innovadores e á cultura, no vindeiro 2025 comezará a funcionar Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudo audiovisual virtual de España, dotado cunha tecnoloxía pioneira a nivel mundial. Trátase, sinalaron, dunha infraestrutura que a Deputación da Coruña está construíndo actualmente na cidade das TIC da Coruña cun investimento de 9,5 millóns de euros cofinanciado con fondos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e co que “pretendemos posicionar á provincia da Coruña no Hub Audiovisual de Europa”, apuntou Formoso, que incidiu na puxanza do sector audiovisual galego, que xera 4.500 empregos e supón xa o 28% da industria cultural da nosa comunidade, “ademais de supor unha importante proxección exterior de Galicia”.
Máis de 13 millóns para Cultura e Lingua
A Deputación destina o vindeiro ano 13.042.900 ás áreas de Cultura (+4,8%) e Lingua (+3%). Un dos principais programas, con máis de 2 millóns de euros de orzamento, volve ser a Rede Cultural, que levará actuacións culturais aos 93 concellos da provincia. A maiores, contémplanse liñas de subvencións para investimentos e actividades de centos de entidades culturais da provincia e apoio económico aos principais festivais musicais, audiovisuais e de artes escénicas.
Educación suma tamén un importante capítulo de investimentos co mantemento de centros como o IES Rosalía Mera (3.680.402) ou o IES Puga Ramón (4.608.816 €).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?