Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN asesora a máis de 100 entidades e investigadores para optar a fondos europeos de I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN asesora a máis de 100 entidades e investigadores para optar a fondos europeos de I+D+i

S. P.
Publicado: 12/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

241112__gain_xornada_01av.jpgA Axencia Galega de Innovación celebrou este martes 12 de novembro unha xornada de impulso á participación galega nas convocatorias europeas de I+D+i de 2025, promovendo o achegamento entre empresas e axentes para facilitar colaboracións estratéxicas que concorran con éxito aos programas de financiamento da Unión Europea. O encontro reuniu a máis de 100 integrantes do ecosistema galego innovador.
A directora de GAIN, Carmen Cotelo, destacou na apertura do encontro que Horizonte Europa “é o maior fondo público de apoio neste eido e cubre a totalidade da cadea da innovación, desde a investigación máis básica ata a chegada ao mercado”.
Cotelo apuntou tamén que nestes programas, para desenvolver unha proposta competitiva, “é necesario traballala con suficiente antelación, por iso compartiremos toda a información dispoñible neste momento sobre as convocatorias de 2025”. Precisamente, o obxectivo desta xornada é iniciar un proceso que leve a identificar posibilidades de participación en proxectos europeos competitivos e establecer colaboracións entre potenciais interesados en participar nelas.
Co dito obxectivo, déronse a coñecer tanto as prioridades de Horizonte Europa para 2025 como doutros programas de financiamento relevantes, o calendario de implementación das convocatorias de 2025, así como os servizos de acompañamento que ofrece o Goberno galego para apoiar a participación galega nestes programas. Así mesmo, preto de 60 profesionais do ecosistema presentaron os seus intereses e capacidades para concorrer a estas convocatorias, co obxectivo de establecer colaboracións entre eles que leven a participar conxuntamente en futuros proxectos.
Cotelo engadiu que en vindeiras semanas e meses, celebraranse sesións de traballo máis específicas por clúster ou área temática nas que se profundará nas convocatorias abertas para detectar oportunidades de proxectos.
Ademais, no marco do programa PEMEuropa, que ofrece servizos a empresas para apoiar a súa participación en proxectos europeos, prestarase asesoramento a pemes na definición da idea, alcance, obxectivos e estruturación de proxecto, así como na busca de socios e colaboracións. Por último, tamén dirixido a pemes, ofrecéselles a posibilidade de facer unha revisión final das propostas por parte de avaliadores experimentados nestes programas antes da súa presentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?