Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking da Pobra estimula cuns campus vivenciais o emprendemento da mocidade do Barbanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking da Pobra estimula cuns campus vivenciais o emprendemento da mocidade do Barbanza

S. P.
Publicado: 12/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking-a-pobra-1.jpgA Pobra do Caramiñal continúa dinamizando e divulgando o seu Coworking en formato de Campus de Emprendemento que contará neste mes de novembro coa participación do IES Espiñeira, de Boiro, e do CIFP Coroso, de Ribeira. Con esta iniciativa preténdese “promover o emprendemento entre o alumnado dos centros educativos con obradoiros, charlas e visitas a empresas da comarca do Barbanza, identificadas como referentes en boas prácticas de xestión empresarial”. Porase o foco no emprendemento sustentable e tecnolóxico.
En palabras da concelleira de Promoción Económica da Pobra, Amparo Cerecedo, “estes campus vivenciais eríxense como unha ferramenta con moito potencial para amosar á mocidade o autoemprego como unha opción de futuro no mundo laboral. Queremos que coñezan exemplos reais de emprendedores locais e os servizos que pon á súa disposición a Administración local para facer realidade as ideas de negocio. De feito, o Coworking da Pobra conta actualmente cunha alta ocupación”.
Salienta tamén que un valor engadido destes campus vivenciais é a adaptación das actividades durante as visitas segundo o perfil de cada grupo e a súa formación específica para fomentar un emprendemento consciente a través dunha experiencia enriquecedora que combina coñecementos, inspiración e asesoramento para o autoemprego.
O alumnado de ciclos formativos da área de automoción do CIFP Coroso será o primeiro en pasar polas instalacións do centro de traballo colaborativo pobrense, concretamente, no xoves 14. Centrada nun obradoiro de emprendemento e economía circular, esta actividade será liderada por Alba Fernández, responsable do Coworking A Maceta, en Muros, compartindo coñecementos e experiencias sobre o potencial do autoemprego e a sustentabilidade empresarial. Durante esta xornada, visitarán tamén Chutin’s Garage, onde Javier Fanjul, emprendedor asesorado no Coworking da Pobra, mostraralles a súa experiencia de creación de negocio. Fanjul abriu en 2024 o seu propio taller de detallado de vehículos na localidade, sendo un exemplo para a xente nova que baralle o autoemprego como opción de futuro.
E, xa no martes 19, será a quenda do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES Espiñeira. Asistirán no Coworking a un obradoiro sobre habilidades sociais para emprender, impartido por Verónica Rodríguez, socia da consultora Promove. Incluirá tamén a actividade Café con…, onde membros da cooperativa de mercadotecnia dixital Kracia compartirán a súa experiencia emprendedora. Trátase dun café-coloquio que lles permitirá coñecer de primeira man o camiño que tomaron catro mozos e mozas da comarca cara a emprender no ámbito do marketing dixital.
Creado en 2017, o Coworking da Pobra consta de dous espazos: o Emprende, destinado a persoas emprendedoras que fagan uso desta prestación de maneira continuada, e o Nómades, dirixido a quen utilice o centro de xeito puntual. En 2022, formalizouse a integración na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?