Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os 15 proxectos do Ames AV LAB visitan media ducia de empresa de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os 15 proxectos do Ames AV LAB visitan media ducia de empresa de contidos

S. P.
Publicado: 13/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_lab_visita_cinemar1.jpgA primeira edición do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual, enfila esta tempada a súa recta final. Segundo explicou o Concello, durante as últimas semanas, as persoas responsables dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB visitaron as instalacións das empresas Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión. Tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina Media España).
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “estas visitas tiveron como obxectivo principal dar a coñecer as empresas que forman parte da Comisión de gobernanza do Ames AV LAB. Os/as creadores/as do Ames AV LAB coñeceron en profundidade a traxectoria, actividade e experiencias destas empresas líderes, favorecendo o intercambio de coñecementos e o fortalecemento das relacións dentro do laboratorio audiovisual”.
Nestas visitas as e os responsables dos proxectos puideron coñecer de preto os proxectos audiovisuais que están desenvolvendo nestes momentos ditas empresas e mailo traballo que realiza o seu persoal.
Como dixemos, tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina MEDIA España). Andermatt impartiu un obradoiro técnico sobre as oportunidades que ofrece Europa Creativa MEDIA (subprograma de Europa Creativa, que nace desde a Comisión Europea para dar apoio á industria audiovisual europea).
ames_lab_visita_mirabelle5.jpgO director da oficina MEDIA presentoulles aos participantes do Ames AV Lab todos os servizos de apoio, en especial as diferentes convocatorias de axudas, as actividades de formación e networking e as canles de difusión do programa como ferramentas moi interesantes para empregar nos proxectos.
As series que se están desenvolvendo dentro do Ames AV LAB son: As labregas, dirixa por Rosa Taboada; Amil, de Julia Herrmann; Orquestra Raíña, creada e guionizada por Sergio Rodríguez; e Deseo más, dirixida por Raúl Alonso. Dentro do xénero das curtametraxe desenvólvense seis proxectos: Fóra de campo, dirixida por Neves Rodríguez; Raíces analóxicas, dirixida por Manu Seoane; Tres cartas de esperanza, de Silvia Varela; Nemeto, de Marta Rodríguez; Cuando los árboles lloran, de Miguel Bouzas; e O Laúro, producida por Andrés Sanjurjo.
Por outra banda, hai tres longametraxes: 42.195 metros, dirixida por Noelia Papín; Hacia el espacio interior, de Roi Grandío; e Serenade, dirixida por Pedro Díaz. Dentro do xénero documental, seleccionáronse dúas propostas; Dous nichos para Maruja, producida e dirixida por Santiago Araújo; e Tramoloxía, de Álvaro Alvite.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?