Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude de Santiago organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás familias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude de Santiago organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás familias

S. P.
Publicado: 13/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

santiago_tecnoadicions_0.jpgO Concello de Santiago, a través do departamento de Xuventude, impulsou unhas xornadas de sensibilización sobre a problemática das tecnoadiccións, dirixidas ás familias. A concelleira María Rozas e a técnica do departamento Noela Vilas presentaron este 13 de novembro o programa, que ten como obxectivo “achegar ás nais e pais as claves de cara á educación das crianzas no uso dos dispositivos dixitais” e que completa outros programas impulsados pola Concellaría para previr a adicción ás pantallas.
A concelleira explicou que “son xa moitos os estudos e os datos que nos alertan de que temos un grave problema de adicción ás pantallas na nenez e na adolescencia, e as administracións estamos obrigadas a actuar, non só a local”. María Rozas lembrou que desde o departamento de Mocidade “impulsamos xa actividades de prevención da adicción ás pantallas dirixidas a adolescentes, que desenvolvemos nos centros de ensino e que repetiremos, pero queremos ir máis alá e concienciar tamén ás familias dos riscos que supón o mal uso destes dispositivos”.
santiago_tecnoadicions_1.jpgRozas citou o estudo sobre mocidade e Internet en Galicia, presentado en maio por iCMedia, que sinalou que o 47,2 % dos mozos e mozas galegas recoñece ter algún tipo de trastorno psicolóxico ou peores notas por pasar demasiadas horas en Internet; un de cada tres admite ter problemas de sono; o 15% falan de cambios de humor, o 11% de problemas de ansiedade, o 10 % de ataques de ira, e case o 8% de illamento social pola adicción ás pantallas.
Na mesma liña, citou o estudo elaborado en 2022 pola Universidade de Santiago en colaboración coa Fundación Barrié, o maior estudo realizado sobre o uso das TIC por parte dos adolescentes galegos, nos que participaron máis de 10.000 mozos e mozas. Nese informe alertábase de que o 44% dos adolescentes recoñecía consumir pornografía en liña; o 42% recoñecía ter intercambiado mensaxes sexuais online, o coñecido como sexting; e 1 de cada 5 rapaces e rapazas dicían sufrir acoso escolar relacionado co consumo de videoxogos.
O autor deste informe, o doutor en Psicoloxía e profesor titular da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago, Antonio Rial Boubeta, será o encargado de abrir o programa, cunha charla o 20 de novembro. No seu relatorio, o profesor achegará as claves para promover un uso seguro e saudable das pantallas na nenez e na adolescencia, e para coñecer o impacto destes dispositivos no desenvolvemento dos máis novos.
Xa no mes de xaneiro están previstas outras dúas conferencias. O mércores 15 haberá un novo relatorio coa pedagoga Anabel Mosquera, experta en prevención de condutas de risco con menores cunha ampla experiencia no desenvolvemento de programas de prevención. Por último, o 22 de xaneiro será a quenda de Ramón Molina, educador social e responsable dos obradoiros de prevención das adiccións ás pantallas impulsados pola concellaría de Xuventude e dirixidos a alumnado de Primaria e Secundaria.
Todas as sesións serán na Casa das Asociacións de Cornes, a partir das 18.30. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.
A concelleira de Xuventude anunciou tamén que se está a traballar nunha nova edición do programa de prevención da adicción ás pantallas que se desenvolverá nos centros educativos. María Rozas mostrouse moi satisfeita cos resultados da primeira edición, “tanto polo interese que suscitou nos colexios, como polos resultados das sesións”. Nese sentido, a técnica do departamento, Noela Vilas, explicou que “moitos mozos e mozas dirixíronse á concellaría para mostrar o seu agradecemento porque o programa lles permitira descubrir un problema que non eran conscientes de que tiñan”. Tal e como apuntou, neste curso reforzarase o programa co dobre de sesións, nos que participarán máis dunha ducia de centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?