Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA advirte dos problemas de deixar de considerar a telefonía e a Internet obrigas de servizo público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA advirte dos problemas de deixar de considerar a telefonía e a Internet obrigas de servizo público

S. P.
Publicado: 15/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_rural_bosque_traballando.jpgA axencia autonómica AMTEGA vén de emitir un comunicado no que resume a súa proposta respecto da consulta pública do Goberno sobre a conveniencia de seguir considerando a telefonía fixa e Internet como unha obriga de servizo público universal. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) advertiu ao Executivo central dos “riscos” que implicaría que os ditos servizos perderan esta cualificación, sobre todo para as áreas rurais de poboación dispersa, unha das principais características demográficas do territorio galego.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia respondeu así a unha consulta pública do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública ante a finalización do período de concesión deste servizo en xaneiro de 2025.
AMTEGA lembra que na actualidade “están considerados como parte do servizo universal as comunicacións fixas con capacidade de banda larga a unha velocidade mínima de 10 Mbps e os servizos de comunicacións vocais nunha localización fixa; esta consideración debe manterse ata que se comprobe que calquera destes servizos poida ser proporcionado por calquera operador en competencia, condicións de prezo, cobertura e calidade de servizo”. A axencia engade que para cambiar esta situación é necesario un informe da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia e audiencia ás partes interesadas, e neste contexto, precisamente, enmárcase a consulta pública do Goberno.
Na súa resposta, a Xunta lembra que a telefonía fixa “continúa a ser de especial importancia entre a poboación de maior idade e de zonas máis rurais”. Tamén sinala que en Galicia “polas súas características orográficas e sociodemográficas, a dispoñibilidade da telefonía fixa no fogar segue a ser un servizo demandado e de vital importancia para as persoas de avanzada idade ou en situacións vulnerables, que aínda necesitan un terminal fixo de voz no día a día”.
Engade que a día de hoxe -”nin o programa UNICO Demanda Rural, que remata en 2027, ni o resto dos programas estatais contemplan entre as obrigas aos operadores a universalización deste servizo de voz nunha localización fixa coas necesarias garantías, calidade e prezo accesible”.
No documento a Xunta volve a solicitar que a telefonía móbil de voz e datos sexa incluída no servizo universal, “ao menos nos municipios rurais e noutras zonas xeográficas con características sociais, económicas ou culturais especiais”. Cita como exemplos destas últimas o Camiño de Santiago, os parques naturais ou os grandes acontecementos. Neste sentido, lembra que “a necesidade de acceso a servizos de emerxencia en calquera situación e o potencial para a dinamización económica do rural fai que os servizos en mobilidade, tanto de datos como de voz, sexan necesarios e imprescindibles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?