Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Só a cuarta parte das biografías da Wikipedia están protagonizadas por mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Só a cuarta parte das biografías da Wikipedia están protagonizadas por mulleres

S. P.
Publicado: 15/11/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

wikipedia_mulleres_uvigo_25n_pohackeando1.jpgA Facultade de Compunicación de Pontevedra acollía este xoves 14 de novembro o VI Workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Co título A fenda de xénero no ecosistema dixital: Análise e activisimo fronte á desigualdade, a xornada tivo como obxectivo analizar os nesgos de xénero presentes en espazos de coñecemento dixital como Wikipedia e en plataformas de IA como ChatGPT, así como pór o foco na necesidade de involucrar ás mulleres na creación de contidos dixitais feministas para combater estas fendas de coñecemento.
Un dato abraiante do que se falou foi que só o 25% das biografías da Wikipedia están protagonizadas por mulleres e a porcentaxe de editoras que colaboran na publicación de contidos nesta enciclopedia dixital colaborativa é unicamente do 13%.
Estas foron algunhas das cifras nas que puxo o foco a xornalista e activista Patricia Horrillo, fundadora da Wikiesfera, que tamén asistiu a este encontro.
As persoas encargadas de abrir a xornada foron: o reitor, Manuel Reigosa; a vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón; a decana da facultade, Emma Torres, e a directora da cátedra e da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, que contou coas conferencias de Horrillo e da investigadora da Universidade da Coruña (UDC) Laura Castro, que foron presentadas por María Álvarez Lires, integrante do Comité de Sabias da cátedra e profesora da UVigo ata a súa xubilación. “A igualdade real non existe, nin sequera nunha Universidade que se considera feminista”, subliñou Reigosa na apertura dun acto no que puxo de relevo a necesidade de “escoitar a aquelas persoas que levan moitos anos traballando por construír unha sociedade mellor” e que poden contribuír co seu coñecemento a seguir traballando a prol da igualdade, que é, lembrou, “un dos eixes do plan estratéxico” da Universidade. De aí que o reitor salientase o labor de “todos os científicos e científicas que están contribuíndo á xeración de coñecemento sobre igualdade” e cos que a institución académica achega o seu “gran de area fundamental” na consecución dun obxectivo no que “aínda queda moito por facer”.
Seguindo este fío está a Cátedra de Feminismos 4.0 a través da “xeración de coñecemento científico de excelencia con perspectiva de xénero ou feminista”, como sinalou Gómez, que lembrou que este workshop naceu con vontade de analizar como se reproducían as desigualdades “no ecosistema dixital, onde pasamos a maioría do tempo”. A directora da Unidade de Igualdade agradeceu nese senso a “aposta valente” da Deputación coa cátedra, de cuxa traxectoria fan balance os paneis que integran a mostra itinerante presentada nesta xornada e que percorrerá os centros de ensino da provincia.
Iniciativas como as investigacións e xornadas da cátedra son “necesarias para promover un cambio que nos permita acadar unha sociedade igualitaria”, engadiu Lantarón, quen lembraba o alumnado asistente á importancia de adquirir “ferramentas para ir cambiando o mundo”. No caso concreto do estudantado da Facultade da Comunicación, engadiu Torres, trátase ademais das “creadoras e creadores do contido do futuro”, polo de que se da súa etapa formativa “non saen cun concepto da igualdade e do feminismo claro, vai ser moi difícil que poidamos mellorar as mensaxes que estamos divulgando”. A decana incidiu así mesmo en que se ben a publicidade e o audiovisual son ámbitos “con moita presenza de profesionais femininas” e nos que as mulleres “son maioría nas aulas”, persiste nestes sectores unha “fenda de xénero moi importante para o acceso a cargos directivos e de responsabilidade”.
Para rematar, a deputada provincial de Benestar Social e Igualdade, Sandra Bastos, foi a relatora da conferencia Ninguén falará de nós se non estamos na Wikipedia, na que Patricia Horrillo subliñou que “as mulleres somos máis da metade da poboación mundial, pero non estamos a contribuír á documentación colectiva da historia”. A directora da plataforma Wikiesfera, que este mes era galardoada co premio internacional The Lovie Award, lembrou que das 5000 persoas hispanofalantes que publican contidos nesta enciclopedia dixital, só o 13% son mulleres. Asemade, alertou da persistencia neste espazo de prácticas sexistas como facer fincapé na relación afectiva ou familiar das protagonistas en relación a un home, empregar adxectivos sobre a súa aparencia ou describilas como musas para a inspiración de homes, á vez que “só aparecen descritas como referentes perfís de actrices, modelos ou cantantes”. Fronte a esta situación é o obxectivo de Wikiesfera, que conta cunha comunidade de máis de 1500 editoras, responsables de máis de 5500 artigos, e que pretende, sinalou, “construír unha comunidade feminista” que contribúa a eliminar “os rumbos sistémicos” de espazos de coñecemento como esta enciclopedia.
Na quenda de Laura Castro, achegou á xornada unha reflexión sobre os nesgos de xénero na Intelixencia Artificial xerativa. A investigadora puxo o foco na aparición de prexuízos de xénero nos resultados xerados por ChatGPT, presentando varios exemplos deses nesgos, reflectidos nas variacións nas respostas achegadas pola plataforma a unha mesma pregunta cando o seu destinatario é un home ou unha muller. “Estes sistemas, configurados sen supervisión e empregando fontes de información non curadas, están chamados a reproducir e mesmo amplificar os mesmos nesgos de xénero, no canto de superalos ou contribuír a desterralos”, concluíu, alertando de como estes se presentan “de xeito sutil, pero consistente” nas respostas a consultas relacionadas cos ámbitos STEM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?