Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Valentín García debulla en Cataluña os proxectos tecnolóxicos da Xunta para impulsar o galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Valentín García debulla en Cataluña os proxectos tecnolóxicos da Xunta para impulsar o galego

S. P.
Publicado: 15/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

reunion_de_seguimento_do_protocolo_politica_linguistica_celebrada_en_cataluna.jpgO secretario xeral da Lingua, Valentín García, vén de participar en Cataluña nunha xuntanza cos responsables de Política Lingüística das Comunidades Autónomas que contan cun idioma cooficial. Na reunión de traballo compartiron as diferentes medidas que están a desenvolver nos seus territorios, e na que tamén se planificaron actuacións conxuntas de fomento e impulso do multilingüismo. Un dos temas a tratar por Valentín García foi o Proxecto Nós, destinado a afianzar o galego no contexto da Intelixencia Artificial e a permitir que algunhas das ferramentas de meirande proxección falen e entendan o galego.
Na reunión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de Política Lingüística analizouse de maneira conxunta o último informe da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, publicado polo comité de expertos do Consello de Europa o pasado mes de setembro. Neste senso, tanto o representante da Xunta de Galicia como os das outras Comunidades, incidiron no encontro “no recoñecemento que se fai neste informe ao alto índice de protección que as linguas cooficiais teñen en España, por riba do habitual noutros países europeos”.
Neste senso, dixo que “o Goberno galego ten moi en conta as recomendacións da Carta Europea, que utiliza como referencia no proceso que está a levar a cabo cos distintos grupos parlamentarios e institucións para acadar un consenso que permita incentivar o uso da lingua na sociedade”.
Deste xeito, expuxo aos seu interlocutores as liñas de base do Pacto pola Lingua no que se está a traballar en Galicia e sobre as que se irán artellando novas accións a medida que avancen as conversas: a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega coa creación de comisións de traballo formadas por persoas de recoñecido prestixio; a posta en marcha dun plan de 50 medidas para impulsar o uso do galego en diversos eidos; o incremento dun 30% da partida destinada a accións de dinamización da lingua nos orzamentos de 2025, e situar a CRTVG como catalizadora da lingua, favorecendo produtos en galego.
Durante o encontro tamén se puxo en común a preocupación polos fondos europeos comprometidos polo Estado e “aínda pendentes de transferencia ás comunidades no marco do PERTE de nova economía da lingua”, un programa de financiamento “esencial para desenvolver algunhas das iniciativas máis ambiciosas da Administración galega de cara a intensificar a presenza da lingua en distintos ámbitos e espazos”. Así, entre esas accións destaca o devandito Proxecto Nós, de grande importancia para asegurar que o galego sexa tamén unha lingua habitual no eido dixital, e “que depende en boa maneira”, apuntou o responsable autonómico de Lingua, “destas axudas para que se siga a desenvolver da maneira adecuada e se chegue a completar”.
Accións a prol da lingua galega
Ademais dos avances no Proxecto Nós, incluído no plan de medidas da Xunta para incentivar o galego, García expuxo que “o eido dixital ten gran protagonismo nas iniciativas, de maneira que se pretende que a lingua estea presente en todas as plataformas tecnolóxicas e sexa un medio para chegar a grupos de poboación concretos como a mocidade, coa creación de contidos específicos creados para público infantil e xuvenil”.
Explicou tamén que as liñas de actuación tamén se dirixen especialmente aos non nados en Galicia e ao fenómeno do neofalantismo, así salientou a posta en marcha o ano que vén de máis de 100 cursos de cultura e lingua galegas para persoas chegadas do exterior, ademais de grupos de voluntariado lingüístico para organizar conversas e propostas de traballo colaborativo coas asociacións de distintas comunidades asentadas en Galicia. Destacou asemade outros cursos centrados en distintos ámbitos profesionais como o sanitario e propostas como actividades para incentivar a lingua na escola.
En canto ao neofalantismo, sinalou que “estanse a mellorar as ferramentas para esas persoas que deciden falar galego cando a súa lingua nai foi outra”. Neste senso, enxalzou a actividade do portal neofalantes.gal, que “comezou a funcionar, máis alá de como punto informativo, como unha rede social para dar testemuños e compartir experiencias sobre o proceso”. A isto, dixo, “súmaselle tamén unha campaña de concienciación e sensibilización sobre o uso do galego que xa está a funcionar baixo o lema Saca a lingua que levas dentro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?