Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña entrega a XXXVII edición dos seus Premios Prismas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña entrega a XXXVII edición dos seus Premios Prismas

S. P.
Publicado: 18/11/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

premios_prismas_coruna.jpgO Concello da Coruña entregou o pasado sábado os galardóns da XXXVII edición dos Premios Prismas, organizados polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos. O xurado premiou cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novo medio, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxecto singular, Proxecto de sensiblización e divulgación sobre os océanos e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma Especial do xurado, recibiron un premio de 4.000 euros.
Segundo fixo saber a alcaldesa Inés Rey, este galardóns “son un referente para a comunicación e divulgación científica en España”, a través dos cales reivindícase A Coruña e o traballo da rede de Museos Científicos como “buque insignia da divulgación e verdadeira contra-armada científica” para as novas xeracións. Lembrou que ao longo da súa traxectoria, que comezou sendo un certame para vídeos científicos, foi incorporando e actualizando as modalidades do premio.
Nesta convocatoria, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae e considerando “un dos temas ambientais que máis preocupan”, incluíuse por primeira vez a modalidade de Proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos.
A rexedora trasladou os parabéns ás persoas premiadas e destacou o “alto nivel” das propostas, agradecendo nese sentido o traballo ao xurado. Este estaba presidido por José María Montero e composto por persoas expertas como Almudena Martín Castro, Laura Rodríguez García e María Cristina Naya Riveiro, e o director técnico da Casa das Ciencias, Marcos Pérez Maldonado.

Galardoados cos Prismas de Bronce 2024

– Mellor traballo en vídeo: Cáncer, el legado de la evolución, capítulo do programa Quèqui, con realización e produción de Ramón Balagué Altadill para Minifilms e TV3. O vídeo describe como o cancro desencadéase cando células defectuosas empezan a funcionar de maneira individualista, unha transformación, herdada da evolución unicelular, que data de miles de millóns de anos atrás.
– Mellor traballo en novos medios: Science Media Center España, un proxecto de FECYT, coordinado por Pampa García e Laura Chaparro, e a colaboración de Jesús Méndez, Sergio Ferrer e Tania Rabesandratana. O Science Media Center é unha oficina independente que ofrece aos medios recursos, contidos fiable e fontes expertas para cubrir a actualidade relacionada coa ciencia.
– Mellor proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos: Del Ártico al Cantábrico, dos Servizos Informativos de EITB Media. Un traballo que presenta imaxes de vídeo que mostran como afecta no Cantábrico o que ocorre no Ártico.
– Mellor artigo xornalístico: Desigualdad en la ”prueba del talón”: milagro o pesadilla según el código postal, de Antonio Martínez Ron, publicado en ElDiario.es. O autor aborda a diferenza entre comunidades no número de enfermidades detectadas no cribado neonatal, un desequilibrio con gran impacto social, e reivindica políticas públicas baseadas en evidencias científicas.
– Mellor traballo en radio: Tu cerebro es oro, ¿qué harás con él cuando mueras?, un podcast de Belén Remacha Ciutad para El País. Nesta peza relátase como en España faise ciencia punteira no estudo das neuronas, entrevistando a unha destacada investigadora, María Llorens. A materia prima que necesita para investigar escasea, especialmente as doazóns de persoas consideradas neuroloxicamente sas, o que tecnicamente se chama “cerebros control”. Son necesarios para, por exemplo, comparar que ocorre nun cerebro que desenvolve alzhéimer cun no que non.
–:Mellor proxecto singular: Vagón de la ciencia, da Universitat Autònoma de Barcelona. Trátase dun proxecto que emprega un vagón de tren, que forma parte da liña Barcelona-Vallès, no que se exploran múltiples formatos, como podcasts, ilustracións, audioguías ou o chamado Asento do experto, no que un investigador interactúa cos viaxeiros.
– Mellor libro editado: Neuronas para la emoción, editado por Shackleton Books, orixinal de Xurxo Mariño. Trátase dunha ollada rigorosa e humanista sobre as emocións dende a perspectiva da neurociencia, na que se convida a descubrir cales son e por que temos esas emocións a partir de infinidade de experimentos e casos clínicos.
– O premio Prisma Especial do Xurado foi entregado a Gema Revuelta e Vladimir de Semir polo seu labor formativo ao longo de 30 anos no Master de Comunicación Científica, Médica y Ambiental da UPF Barcelona School of Management.
Outorgáronse ademais tres mencións honoríficas: en Proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos, a Triloxía Microalgas, de Xulia Pisón Egea; en Artigo xornalístico, a El año en que no se consiguió frenar la minería submarina, de Tania Alonso Cascallana para Carrodecombate.com e en traballo en Radio, a Océanos de calor, de Mabel Montes Rama e Ramiro Santos Díaz para Atmosféricos de Radio Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?