Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O II Premio Breviter de microrrelatos convida a reflexionar na nosa identidade dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O II Premio Breviter de microrrelatos convida a reflexionar na nosa identidade dixital

S. P.
Publicado: 18/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

breviter_concurso_literario.jpgO IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago) convocou o II Premio Breviter de microrrelatos, que versa sobre a identidade dixital e que ten a colaboración da Consellería de Educación e Ciencia. O tema desta edición do premio é Follow me!, achegando un convite a reflexionar, dende a literatura, sobre a identidade dixital universalmente accesible e utilizable con diferentes propostas.
En concreto, o IES lanza unha serie de preguntas para esperar o pulo creativo das persoas potencialmente interesadas en participar no certame: Que imaxe pretendemos proxectar na Internet? Adaptamos esta imaxe ao que se espera de nós? Que nos leva a compartir de maneira impulsiva a nosa intimidade? Somos na Rede quen non nos atrevemos a ser en persoa? Que gañamos e que perdemos neste baile de máscaras?
Segundo se explican nas bases, as obras a concurso poden ser ou ben microrrelatos literarios ou poemas de ata 100 palabras, ou ben microrrelatos audiovisuais de ata 60 segundos. Poden presentarse contribucións en alemán, español, francés, galego, inglés ou portugués. Pode optar ao premio calquera persoa, de calquera nacionalidade, que, o 1 de marzo de 2025, teña entre 12 e 18 anos de idade e estea a cursar estudos preuniversitarios ou de formación profesional. Cada participante pode presentar unha única obra. Será preciso cubrir un formulario en liña que acompañe a presentación de cada obra.
O prazo de presentación das obras, que se determina pola data de remisión, remata o 1 de marzo de 2025. O xurado está formado por cinco persoas nomeadas polo IES Arcebispo Xelmírez I. A presidencia e a secretaría correspóndenlle ao equipo da biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I. Os outros tres membros do xurado son persoas expertas nos ámbitos literario e audiovisual.
A decisión do xurado anúnciase na primavera de 2025, de maneira directa á persoa gañadora e, a maiores, no sitio web do IES Arcebispo Xelmírez I e no portal educativo da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Os premios consisten en:
– 500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos literarios ou poemas.
– 500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos audiovisuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?