Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada unha ferramenta contra o odio nas redes nas xornadas Sinracxen
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada unha ferramenta contra o odio nas redes nas xornadas Sinracxen

S. P.
Publicado: 18/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_xornadas_sinracxen.jpgO pasado xoves, 14 de novembro a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade da Coruña, Nereida Canosa, participaba nas III Xornadas Sinracxen, unha proposta da Organización Non Gobernamental (ONG) ACCEM que tiña lugar na coruñesa Casa Museo Casares Quiroga, e na que a entidade presentou unha ferramenta para a prevención de discursos de odio en redes sociais.
Dicir que nesta xornada informativa de ACCEM, que tratou as múltiples caras da discriminación, fíxose fincapé na importancia de avanzar cara a unha contorna dixital máis segura, “na que as redes sociais, do mesmo xeito que as nosas rúas, reflictan os valores de respecto, empatía e solidariedade”.
Indo ao acto, amais da concelleira, participaron tamén a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o responsable territorial de ACCEM en Galicia, Daniel Bóveda, que abriron camiño a un coloquio no que tomaron parte diversos representantes de entidades sociais e tamén do sector docente. Foron: Soledad Lucero de Movilidad Humana, Natalia Duré do Proyecto Gadea, Cristina Botana, pertencente ao departamento de Xeografía da USC, Lorena García da ONG Viraventos, Zinthia Álvarez de Mujeres negras que cambiaron el mundo e Eduardo Búa do Servicio de Asistencia y Orientación a Víctimas de Discriminación Racial o Étnica. Asemade, Daniel Alejandro Barrera e Beatriz Iritia, técnicos de sensibilización de ACCEM, presentaron a nova ferramenta dixital para a prevención de discursos de odio nas redes sociais (RRSS), que terá aplicación, especialmente, no eido educativo.
Seguindo esta liña, Nereida Canosa incidiu en que “estamos a vivir un momento no que as redes sociais amplifican tanto as voces de unión como as de odio. Con todo, debemos ser conscientes de que a desinformación e as mensaxes de odio que circulan nestes espazos non xorden de maneira espontánea. Estes discursos impúlsanse de maneira intencionada por colectivos e organizacións que os disolven e os agochan no anonimato colectivo, xerando unha polarización perigosa. O obxectivo de quen os difunde é dividirnos como sociedade, vulnerar os nosos principios de convivencia e sementar medo e hostilidade, especialmente cara a aqueles colectivos que consideran diferentes ou menos dignos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?