Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Elogia posiciónase como operadora de negocios dixitais con servizos full digital commerce
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Elogia posiciónase como operadora de negocios dixitais con servizos full digital commerce

S. P.
Publicado: 19/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

elogia_full_time_commerce.jpgA empresa de orixe galega Elogia, referente histórico do comercio electrónico e da mercadotecnia en liña, vén de compartir os detalles da súa nova estratexia, reposicionada para converterse en operadora de negocios dixitais e ofrecer servizos integrais de full digital commmerce.
A axencia, integrada no grupo Viko, ten ás súas costas máis de dúas décadas de actividade en estratexias de mercadotecnia dixital. Agora, na súa nova andaina, lánzase a xuntar produto, operación e loxística nun mesmo equipo. O obxectivo é axudar aos seus partners a “medrar de maneira tanxible”.
Este novo enfoque, no que Tandem Up súmase tamén como hub á compañía, busca marcar unha clara diferenza con respecto ás axencias dixitais tradicionais: Elogia ocuparase de toda a cadea de valor dun produto e converterase, en palabras da empresa, “no mellor partner para aquelas empresas que buscan superar os seus desafíos de crecemento alcanzando o éxito na era dixital”.
Álvaro Gómez, director executivo (CEO) de Elogia, sinala que “na empresa decatámonos de que xa non abonda con ter unha estratexia de marketing online; a vantaxe competitiva está en integrar todo o que facemos en liña co resto de partes do negocio. De igual maneira que o consumidor entende que unha compra en liña non remata no check-out, na nosa experiencia se non estás a vender o catálogo correcto nas canles correctas é moi difícil gañar diñeiro, con independencia do ben que fagas o labor de marketing. Por iso organizámonos ao redor do full digital commerce, para que todas as pancas de negocio traballen de maneira sinérxica”.
Esta metodoloxía de Elogia inclúe de feito o emprego de todas as pancas dixitais dispoñibles para asegurar un crecemento sostible: desde a percepción de marca e a elección de canles de venda, ata a propia venda en liña e a entrega de última milla. Dentro deste marco, Elogia distingue entre dous modelos de comercio: direct commerce, en referencia a aquelas transaccións realizadas sen a intervención directa do vendedor (como en ecommerce, marketplaces e SaaS); e, assisted commerce, que implica compras mediadas por vendedores ou terceiros (como en B2B, banca, seguros, utilities, automóbiles, educación e gran consumo).
Para abordar ambos os modelos, a compañía adapta as súas solucións enfocándose nas pancas de maior impacto traballando con proxectos en tres fases de madurez: lanzamento, tracción e escala, que permiten axuntar as experiencias acumuladas en playbooks que para replicar todos os éxitos conseguidos ata a data.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?