Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sixtema e Prefapp distinguidas nos III Premios á Excelencia Empresarial de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sixtema e Prefapp distinguidas nos III Premios á Excelencia Empresarial de Santiago

S. P.
Publicado: 20/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

santiago_excelencia_xene.jpgO Concello de Santiago fixo entrega o pasado martes dos III Premios de Excelencia Empresarial, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi que estivo presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola tenenta de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas. Con estes galardóns, recoñécense as empresas que se teñan distinguido polas súas boas prácticas nos eidos da conciliación laboral e familiar, a economía circular, a innovación, a comercialización en produtos e servizos culturais, o cumprimento dos retos da Axenda Urbana 2030, a economía social e as boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.
No palmarés atopábanse empresas de novas tecnoloxías como Sixtema (primeira da súa categoría) e Prefapp.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que estes premios “serven de guía para ese camiño cara o soño colectivo ao que aspiramos na Compostela que habitamos, premiando a quen con decisión e esforzo decidiu remar a contracorrente en prol dun país máis humano”.
María Rozas salientou que as empresas premiadas “axudan a construír unha Compostela mellor para todos e todas, e axúdannos a avanzar no reto compartido que é lograr unha sociedade máis xusta”.
Os III Premios de Excelencia Empresarial distinguen empresas en sete categorías, cun premio de 6.000 euros en cada unha delas, con mencións de 2.000 euros en cada categoría.
Na categoría de Boas prácticas en materia de conciliación, o premio foi para Abeluria Sociedade Cooperativa Galega, que desenvolve actividades de consultoría empresarial e comunicación; e a mención para Sacauntos Sociedade Cooperativa Galega, que atende a cuestións como a edición, o deseño gráfico ou a impresión.
Na categoría Boas prácticas en materia de economía circular foi distinguida a empresa I-Grape Laboratory S.L., un spin off da Universidade de Santiago que elabora extractos naturais bioactivos a partir de residuos vexetais, con propiedades antioxidantes, antibacterianas e funxicidas.
Na categoría de Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio, o premio foi para Sixtema, unha empresa que proporciona asesoramento especializado e desenvolve novas ferramentas dixitais innovadoras e personalizadas. a mención é para a consultora tecnolóxica Prefapp Cloud Consulting SL.
En canto á categoría de Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais, Beatriz López González recibe o premio por Boles, unha tenda especializada en produto artesanal; e Chus Iglesias Prado mereceu a mención por Acivro Xoias xunto con Sacaúntos Sociedade Coopertiva.
Na categoría Boas prácticas de empresas de economía social, o premio foi para Cidadanía, unha cooperativa que facilita a participación activa da cidadanía nas políticas públicas, deseñando procesos de investigación, consultoría e formación. Pola súa banda, COGAMI Reciclado de Galicia recibiu unha mención.
Por último, na categoría Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento, o premio foi para Almudena Rodríguez polo proxecto Creafogar; mentres que houbo uha moción para a empresa Prefapp Cloud Consulting.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?