Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta lanzará unha app de autoavaliación de competencias profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta lanzará unha app de autoavaliación de competencias profesionais

S. P.
Publicado: 22/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app_mobil_20241122_conselleiropresentacionemimadrid.jpgA Xunta desenvolverá en 2025 novas accións que contarán cun investimento de 1 millón de euros para potenciar a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e casa oferta e demanda laboral co apoio da IA. Unha desas accións será a aplicación móbil que permitirá á cidadanía realizar autoperfilados das súas competencias profesionais.
Estará destinada sobre todo a colectivos prioritarios como a mocidade, para que poidan autoavaliarse a través do móbil e acceder deste xeito a todo o potencial do Servizo Público de Emprego co fin de mellorar as súas oportunidades no mercado de traballo.
Estes detalles foron achegados dende Madrid, na presentación do software EMi, polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo director da Casa de Galicia en Madrid.
O conselleiro lembrou que con esta ferramenta Galicia prevé realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano co obxectivo de cubrir de xeito máis eficaz a demanda de man de obra e atender as persoas que están buscando activamente traballo ou que busquen mellorar o actual. A isto engadiu que este labor “avanza a bo ritmo con arredor de 20.000 perfilados ata o momento”.
González trasladou a vontade total de Galicia para “difundir este traballo co ánimo de ser útiles e de que sirva de exemplo e axuda para poder aplicarse noutras comunidades autónomas como realizou nas reunións celebradas en xullo e outubro co Goberno central e con responsables de formación para o emprego de distintas comunidades autónomas, respectivamente”. Deste xeito, subliñou, “búscase atender o reto da cobertura de vacantes, favorecer a competitividade empresarial e xerar emprego de calidade”.
O titular de Emprego salientou o recoñecemento a Galicia polo desenvolvemento de EMi no marco dos Premios aos mellores casos do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público da Comisión Europea, un galardón que a Xunta recollerá o vindeiro xoves en Bruxelas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?