Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acollerá a gran final da FIRST LEGO League España en marzo de 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acollerá a gran final da FIRST LEGO League España en marzo de 2025

S. P.
Publicado: 22/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

first_lego_league_udc.jpgO Campus Industrial de Ferrol acollerá en 2025, concretamente, o 29 de marzo, a gran final da FIRST LEGO League España (FLL España), un evento organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña en colaboración con Ingeniera Soy baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.
A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán acolleu este venres 22 de novembro a presentación da gran final dun programa internacional que, na súa edición de 2023/2024, reuniu a máis de 1.200 equipos en 34 eventos locais sumando máis de 10.000 participantes en toda España.
Na súa intervención, o presidente da asociación Ingeniera Soy, Javier Butragueño, destacou “a solidez” da candidatura presentada pola Universidade da Coruña recalcando “a experiencia adquirida durante estes últimos 10 anos coa organización da FIRST LEGO League Galicia”, así como a dispoñibilidade de espazos e de persoal voluntario para a súa posta en marcha no Campus Industrial de Ferrol.
Pola súa banda, o coordinador da FLL Galicia, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) José Antonio Becerra, agradeceu esta oportunidade seguro de que servirá para pór Ferrol, a súa comarca e o seu campus no mapa a nivel nacional.
Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, agradeceu o apoio prestado pola Deputación da Coruña, polo Concello de Ferrol e máis pola Xunta de Galicia así como todo o traballo que teñen realizado as preto de 100 persoas voluntarias que cada ano colaboran na FLL Galicia.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, aproveitou a súa intervención para sinalar que a Gran Final da FLL España servirá para situar á cidade departamental como o “epicentro da innovación educativa a nivel nacional” nun evento no que se premiará, sobre todo, o enxeño e a creatividade.
A concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons, agradeceu a elección de Ferrol como sede do evento e puxo en valor “todo o traballo que realiza o profesorado e alumnado implicado neste programa educativo internacional fóra de horario lectivo, botando man do seu tempo libre e de ocio”.
Para rematar, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, e o director da Escola Politécnica de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, reafirmaron o seu compromiso cun evento que permite achegar aos máis novos ao eido da enxeñaría seguros de que esta iniciativa seguira medrando edición a edición.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST (siglas de For Inspiration and Recognition of Science and Technology) LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas gozan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
Desde o ano 2022, a asociación Ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?