Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara presenta o seu renovado plan de promoción tecnolóxico-industrial da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara presenta o seu renovado plan de promoción tecnolóxico-industrial da Coruña

S. P.
Publicado: 25/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina_de_promocion_tecnologico-industrial_camara_coruna.jpgEste mañá a Cámara de Comercio da Coruña presentaba o renovado Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e a súa área de influencia, deseñado para consolidar a área metropolitana da Coruña como un centro neurálxico de innovación e competitividade económica en Galicia.
Cómpre dicir que ao acto asistían Antonio Couceiro, presidente da Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e a súa área de influencia e Daniel Tafalla, xerente da Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e a súa área de influencia (OPTI).
A OPTI, creada hai ano e medio, que conta co apoio da Universidade da Coruña, a Autoridade Portuaria e concellos como Carballo e Curtis, achega un servizo de acompañamento personalizado a compañías industriais con interese en establecerse na Coruña e abrangue todas as etapas do proceso de investimento, desde o asesoramento inicial ata a implementación final. Grazas a este enfoque integral, a Oficina xa está a ultimar os primeiros proxectos de investimento, marcando un fito na promoción económica da rexión e reforzando o seu compromiso de atraer capital e transformar A Coruña nun referente global para a industria tecnolóxica.
oficina_de_promocion_tecnologico-industrial_camara_coruna_2.jpgO Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial consta de tres eixos estratéxicos: mellora dos factores básicos de localización tecnolóxica e industrial (con 44 liñas para mellorar e potenciar as condicións que fan da Coruña un lugar privilexiado para o desenvolvemento empresarial); mellora competitiva da industria local (inclúe 46 iniciativas para fortalecer a industria en materia de cooperación, capital humano, innovación e tecnoloxía, diversificación, internacionalización e financiamento); proactividade na atracción de investimentos tecnolóxicos e industriais (18 estratexias específicas en coordinación, proactividade e imaxe).
Para Antonio Couceiro, presidente da Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e a súa área de influencia, o ecosistema da Coruña inclúe infraestruturas estratéxicas únicas, un tecido industrial diversificado e proxectos tractores como GreenPort, a Cidade do TIC e a sede da Axencia Europea de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
Engadir que a presentación do Plan vén acompañada do lanzamento da Guía para Investidores, un documento multilingüe titulado: A Coruña, o motor económico de Galicia, que achegará información detallada sobre as oportunidades e vantaxes competitivas da contorna coruñesa e de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?