Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Companhia do Ruído Editorial lanza o audiolibro interactivo A Landra viaxeira e o amigo Lambón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Companhia do Ruído Editorial lanza o audiolibro interactivo A Landra viaxeira e o amigo Lambón

S. P.
Publicado: 25/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

a_landra_viaxeira_companhia_ruido_jalochos.jpgA Companhia do Ruído Editorial, vertente libreira da banda ribeirá do mesmo nome, na que militan Sabela Olivares e Suso Bello, ten un novo proxecto entre mans: o audiolibro A Landra viaxeira e o amigo Lambón, escrito e composto por Sabela e Suso (Os Jalochos) para o público infantil. Trátase, explican, dun libro musical de aventuras no que Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.
Este conto leva aparellados distintos recursos en soporte dixital, completando así a obra cun audiolibro interactivo e doce pezas musicais para gozar en familia.
Os Jalochos ofrecen aos colexios a posibilidade de acceder a unidades didácticas elaboradas en base ao conto que engloban recursos e materiais específicos relacionados co audiolibro como láminas de debuxo, adaptacións instrumentais do disco e actividades interactivas.
Coñecer a xeografía galega, respectar a natureza, xogar coa lingua e as variantes dialectais da costa galega ou co ritmo da música, son parte das propostas desde proxecto, que se amosa, en palabras de Sabela e Suso, “como un recurso didáctico idóneo para a aprendizaxe transversal e inclusiva na educación infantil e primaria”.
landra_viaxeira_compania_ruido__interior.jpg Segundo explican, estes son os obxectivos da proposta: fomentar a lectura entre a cativada e potenciar o uso da comunicación escrita e oral da lingua galega como fonte de diversión, información e medio de expresión dos valores sociais e culturais; promover e dinamizar a lingua galega mediante o seu uso, coñecemento e divulgación social; concienciar no respecto á natureza e a protección do medio ambiente; e amosar diferentes estilos musicais e achegar os ritmos e instrumentos tradicionais propios do acervo cultural galego.
Ademais, búscase visualizar e reivindicar o patrimonio material e inmaterial de Galicia como parte integrante dos nosos tesouros históricos e culturais; desenvolver a creatividade e a sensibilidade artística como fonte de formación e enriquecemento persoal mediante a lectura e a audición; divulgar materiais didácticos en galego para a súa implementación e uso nos diferentes ámbitos pedagóxicos; e empregar as TIC para a creación de contidos virtuais e difusión do proxecto.
Para levar a cabo o espectáculo Sabela e Suso desenvolven un concerto participativo mediante xogos baseados en conceptos musicais (tempo, ritmo, dinámica), así como a percusión corporal, o baile e a lingua de signos.
Datas de presentación
Sábado 30 de novembro. Tapería de Maris. Ribeira (18.00 h.).
Xoves 5 de decembro: CEP Xose María Brea Segade. Taragoña.
Domingo 8 de decembro. Casa da cultura de Porto do Son.
Martes 10 de decembro. Museo do Castro de Viladonga. Castro de Rei.
Domingo 15 de decembro. Sala Rebullón. Mos.
Venres 20 de decembro. Auditorio Antonio Liste. Teo.
Domingo 4 de xaneiro. Marineda City. A Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?