Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R_voemos, da axencia Imaxe, mellor campaña publicitaria nos IX Premios Paraugas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R_voemos, da axencia Imaxe, mellor campaña publicitaria nos IX Premios Paraugas

S. P.
Publicado: 25/11/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_voemos_premios_paraugas.jpgOs Premios Paraugas, que entrega anualmente o Clúster da Comunicación de Galicia, galardoaron na súa novena edición como mellor campaña a R_voemos, pensada e realizada pola axencia galega de publicidade Imaxe en colaboración con Proximia.
Este certame, que recoñece os mellores traballos en impresión, deseño, creatividade, mercadotecnia, comunicación e eventos de Galicia, recibiu este ano 250 candidaturas para esas 6 categorías, nas que se valoran non só o resultado ou impacto de cada campaña, senón tamén as boas prácticas no seu desenvolvemento.
Seco Cuenca, director creativo executivo de Imaxe, recolle na gala o premio no acto de entrega que se celebrou, por segundo ano consecutivo, no Teatro Jofre de Ferrol. molaria_r_campana_voemos.jpgAgradeceu este recoñecemento e dixo que “R_voemos é unha campaña con moita Intelixencia Artificial, pero tamén ten moito corazón. Porque nos demostra que a IA é máis unha ferramenta ao servizo da creatividade e que o máis importante é e sempre será a idea que hai detrás. E detrás desta campaña hai unha chea de xente: o equipo de R que confiou e fixo achegas en cada etapa do proxecto, todos os departamentos da axencia e, por suposto, tamén a xente de Vostock Films que se meteu nesta lea”.
Para desenvolver a campaña o equipo creativo de Imaxe apostou por “ideas-forza cargadas de vitalidade, pulo e promesa de futuro”, tres dos puntais da operadora galego dende o inicio da súa andaina, segundo lembraron fontes da empresa galega de telecomunicacións, engadindo que R_voemos é “o lema que refresca a marca R dende principios de ano coa mensaxe de que todo é posible grazas ás telecomunicacións e á visión dun mañá innovador para os seus clientes”.
Dende 2006 e ata agora, incluíndo este premio Paraugas que se lle concedeu este venres a Imaxe, as campañas e outros traballos publicitarios de R, de marca ou produto, recibiron un total de 39 premios, entre autonómicos, estatais e internacionais; oito deles nos dous últimos anos. Entre a case que decena de festivais e certames que distinguiron o operador galego figuran o Smile Festival, Publifestival, Premios de Publicidade en Galego, Selección Clap, Letra Awars, Wina, Anuaria, Laus e agora tamén os Premios Paraugas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?