Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia, elixida como sede da final nacional do Desafío CanSat 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia, elixida como sede da final nacional do Desafío CanSat 2025

S. P.
Publicado: 27/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20241128_encontro_esero_2024_01.jpgO 13 e 14 de maio do vindeiro ano 2025, Galicia acollerá a final nacional do Desafío CanSat 2025, o programa de lanzamento de satélites da Axencia Espacial Europea dirixido a centros escolares, que terá lugar na base aérea de Verín-Oímbra (Ourense).
Cómpre sinalar que esta iniciativa desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un minisatélite do tamaño dunha lata de refresco que o alumnado ten que desenvolver no marco dun proxecto educativo nos seus respectivos centros escolares. Así pois, os gañadores e gañadoras das competicións rexionais de CanSat de cada comunidade autónoma terán unha cita no evento nacional, onde se realizarán lanzamentos con foguetes de combustible sólido a 1km de altura. A persoa gañadora da fase nacional será convidada a participar no evento a nivel europeo.
20241128_encontro_esero_2024_03.jpg A sede de Galicia foi elixida no Encontro Nacional de Nodos ESERO Spain, celebrado a semana
pasada en Granada, entre representantes de 15 comunidades autónomas que forman parte da rede de colaboradores da Oficina Europea de Recursos para a Educación Espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) en España.
Salientar que Galicia conta cunha ampla traxectoria de participación neste programa ESERO para o fomento das vocacións en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas na aula, así como para a difusión entre a mocidade da importancia da exploración e investigación espacial na sociedade en xeral e na economía en particular.
20241128_encontro_esero_2024_02.jpgA xeito informativo, un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun
satélite real (alimentación eléctrica, sensores e sistema de comunicacións). O seguinte paso é lanzar o CanSat ou deixalo caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en acadar unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?