Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo de Pontevedra achega os seus fondos grazas a unha ferramenta de consulta en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo de Pontevedra achega os seus fondos grazas a unha ferramenta de consulta en liña

S. P.
Publicado: 27/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20241127_rafa_dominguez_ferramenta_web_museo.jpgAchegar á cidadanía toda a colección do Museo de Pontevedra, máis ampla que o exhibido nas salas de exposición, é o obxectivo da nova ferramenta para achegarse ao amplo e variado catálogo dos fondos e que pode visitarse dende hoxe, 27 de setembro na web do museo.
A Deputación de Pontevedra achega esta nova sección: Explora a colección, na que calquera persoa pode navegar polos fondos da institución empregando múltiples criterios de busca, para consultar os 25.182 rexistros dispoñibles en liña.
A presentación da nova ferramenta correu a cargo do vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, e da directora do Museo, Ángeles Tilve. Domínguez sinalou que: “hoxe é un día moi importante porque estamos cumprindo unha das funcións do Museo, poñer as obras de arte a disposición da sociedade”. O vicepresidente salientou que agora “desde calquera lugar do mundo se poderá acceder a practicamente todas as obra da colección” e nesta mesma idea afondou Ángeles Tilve, poñendo o foco en que “mentres que nas salas dos edificios Castelao e Sarmiento temos expostas arredor de 1.250 pezas, a través desta nova ferramenta poderase acceder a máis de 25.000 bens catalogados da nosa colección”.
Tanto o vicepresidente provincial como a directora agradeceron ao equipo de conservación do Museo o traballo na elaboración das fichas dos bens catalogados e salientaron que este é un proxecto que se realizou integramente por persoal propio, tanto os contidos realizados no Museo como a ferramenta tecnolóxica desenvolvida polo departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación.
Indo á sección Explora a colección: de cada obra na colección pode consultarse a súa autoría, a cronoloxía e escola á que pertence, características como as dimensións, a técnica e os materiais, a temática e as coleccións nas que se insire, así como datos puntuais dalgúns rexistros, como o xeito de ingreso e títulos alternativos ou campos específicos de determinados tipos de bens, como os arqueolóxicos ou os numismáticos. Cada ficha achega tamén, na maioría dos casos, unha ou varias imaxes. Para axudar na consulta, a ferramenta conta cun completo buscador que permite realizar buscas por texto libre ou por outros nove criterios (autoría, tema, escola ou material). A busca permite combinar varios destes criterios e, desde calquera das fichas, acceder ao conxunto de rexistros coas que esa obra comparte autoría, época ou colección.
Máis polo miúdo, a través de Explora a colección pódense consultar as 1.795 obras de Castelao que custodia o Museo, as 611 pezas da colección de cerámica de Sargadelos ou as 341 pezas de acibeche, por citar algúns exemplos.
Esta aplicación complétase con Atopo, a ferramenta da Deputación que entre outros, dá acceso aos fondos da biblioteca e do arquivo do Museo.
Engadir que esta nova sección concíbese como unha ferramenta en constante actualización, que se mellorará proximamente con novas funcionalidades e coa constante ampliación do número de rexistros visibles. Arestora amosa o 90% das máis de 28.000 obras rexistradas na colección de obxectos históricos e artísticos do Museo. Este número vaise ir incrementando paseniño, coa incorporación do resto de rexistros que forman parte xa da colección como de calquera nova incorporación.
Entre as funcionalidades previstas en vindeiras actualizacións está a achega de información de detalle sobre as obras, con ligazóns a documentación de carácter científico e divulgativo existente na web do Museo sobre esas pezas, a posibilidade de extraer informes en PDF a partir das buscas realizadas ou a suxestión de obras relacionadas que poidan interesar á persoa que fai a busca. As características da ferramenta de catalogación da que se toman os datos fai que actualmente parte do contido non estea dispoñible en galego, algo que tamén se solucionará en versións futuras da ferramenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?