Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mostra da USC sobre as cantantes líricas galegas convértese en viaxe virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mostra da USC sobre as cantantes líricas galegas convértese en viaxe virtual

S. P.
Publicado: 28/11/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mostra_virtual_usc_cantantes_liricas_galegas.jpgA exposición Cantantes Líricas Galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África, que ata o pasado 16 de novembro puido visitarse no Salón artesoado do Colexio de Fonseca (Universidade de Santiago), emprende agora unha viaxe virtual.
O obxectivo da mostra, comisariada polo profesor de Historia da Música da USC Javier Garbayo e a profesora da UNIR Mª del Carmen Lorenzo Vizcaíno, foi recuperar a memoria de dúas ducias de mulleres, todas co nexo común de seren grandes cantantes líricas galegas.
A proposta artellouse a través dun formato atractivo baseado en paneis informativos ilustrados, organizados como un gran decorado teatral, complementándose cun apartado específico de actividades didácticas interactivas dixitais deseñadas por un equipo de especialistas en colaboración co Grupo de investigación TecnoEduc e baixo a coordinación da profesora Laura Touriñán.
A exposición presencial nútrese agora da realidade virtual para estender o seu alcance posibilitando unha visita inmersiva grazas á colaboración co CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). Ao novo formato, que reproduce boa parte dos materiais da exposición, accédese dende un navegador web por medio de dispositivo móbil ou de sobremesa.
Dende hai varios anos, a Área de Elearning do CESGA deseña e experimenta con ferramentas de Realidade Aumentada e Realidade Virtual para o seu uso educativo, no marco de Proxectos Europeos de Innovación Educativa.
A USC salienta que a colaboración co CESGA “permite ademais o acceso directo ao conxunto de actividades didácticas interactivas dende a propia visita virtual, cunha ampla despregadura de recursos onde tamén se utiliza Intelixencia Artificial Xerativa”.
A Universidade tamén salienta que a exposición dótase dun formato que permite “xogar” mergullando nos seus contidos, facéndoos máis accesibles e atractivos para o público novo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?