Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: López Campos propón aumentar o uso da lingua galega nos medios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

López Campos propón aumentar o uso da lingua galega nos medios

S. P.
Publicado: 28/11/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

psx_20241128_164805.jpgA Consellería de Cultura e Lingua compartiu os detalles das súas propostas para renovar o Plan Xeral de Normalización de Lingua Galega, que inclúen 11 grupos de traballo que abranguen diversas frontes de traballo, entre as que figuran aumentar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación e nas industrias culturais.
Así llelo presentou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, aos representantes dos grupos parlamentarios cos que se reuniu de novo este xoves 28 para continuar as conversas de cara a acadar un Pacto pola Lingua.
Nesta segunda toma de contacto coas forzas políticas, o representante do Executivo autonómico explicou que con esta proposta “damos un paso adiante na creación dun novo escenario para o noso idioma”, asegurando que “non paramos de traballar para impulsar o uso social do galego, que pasa por actualizar ese plan, tal e como nos comprometemos, e adaptalo á realidade dos nosos días”.
Con esta folla de ruta, indicou, “pretendemos crear un marco amplo no que poidamos tomar decisións conxuntas ao redor de moi diversas áreas e implicando a toda a sociedade”. Unhas áreas que se dividen en dous bloques, un de carácter transversal integrado polos apartados de dereitos lingüísticos, tecnoloxías e implementación do corpus; e outro que se corresponde con ámbitos sociais como son a administración, a educación, a familia e a mocidade, os medios de comunicación, as industrias culturais, a economía, a sanidade, a sociedade ou a proxección exterior da lingua.
A actualización do Plan de normalización da lingua galega
A renovación do Plan de normalización da lingua galega, que fora aprobado por unanimidade en 2004 con máis de 400 medidas para impulsar o uso do galego en toda a sociedade, é un dos puntos principais incluído no documento de base que a Consellería lles presentou a todos seus interlocutores nos encontros producidos nas pasadas semanas para acordar un Pacto pola Lingua.
O conselleiro dixo que a súa actualización “correspóndese coa necesidade de adaptar esas accións, que foron elaboradas a partir da realidade lingüística que tiña Galicia nese momento, á situación actual”. Seguindo este fío, salientou que esa realidade social, demográfica e lingüística é diferente hoxe en día e por iso, puntualizou, “apostamos por unha renovación que teña en conta as necesidades actuais, que xa temos debidamente analizadas, e normalizar así o uso do galego en distintos ámbitos sociais, sectores profesionais, na ensinanza, entre as persoas chegadas de fóra e, en xeral, na vida cotiá”.
Así, as novas medidas que se porán en marcha centraranse no impulso do uso do galego nas relacións nas administracións, no fomento de accións transversais no eido familiar e entre a mocidade, ou en aumentar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación e nas industrias culturais. Pola súa parte, os cambios tamén inciden no ámbito sanitario, con medidas para favorecer que os usuarios sexan atendidos en galego se así o desexan.
A isto súmaselle un amplo bloque, o de sociedade, que abrangue intervencións que van desde as crenzas relixiosas e os servizos sociais, ata o deporte, o asociacionismo, o turismo ou o lecer. Por último, tamén se fai especial fincapé na proxección do galego no exterior con medidas que se estenden a outros territorios limítrofes con Galicia e ás colectividades galegas asentadas en distintos países do mundo.
Xunto con estes cambios no Plan de Normalización da Lingua Galega, cómpre lembrar que o documento da Xunta baséase tamén noutros puntos que teñen que ver coa posta en marcha de máis de 50 medidas de actuación inmediatas; no inicio dunha senda de crecemento orzamentario para a política lingüística; na colaboración coa CRTVG como catalizadora da lingua, ou no seguimento das recomendacións para Galicia da Carta Europea das Linguas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?