Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 60 asistentes abordaron en Santiago as transformacións que impulsa a IA no consumo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 60 asistentes abordaron en Santiago as transformacións que impulsa a IA no consumo

S. P.
Publicado: 28/11/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

galicia_a_fronte_do_debate_en_turismo_e_alimentacion_consumidores_ucgal.jpgO secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo, deu comezo este xoves 28 en Santiago de Compostela á xornada Decide o Consumidor ou a Intelixencia Artificial?: Turismo e Alimentación. O evento, celebrado no Edificio CINC da Cidade da Cultura, reuniu a expertos e profesionais para debater o impacto da Intelixencia Artificial (IA) na vida diaria, especialmente nos sectores estratéxicos do turismo e a alimentación. A cita veu da man de Consumidores de Galicia e a Xunta, co apoio de Gadisa e Telefónica.
O secretario xeral da UCGAL subliñou como estas tecnoloxías melloran a experiencia do usuario e optimizan procesos produtivos, de loxística e distribución, pero advertiu sobre os riscos éticos e a necesidade de priorizar os intereses das persoas consumidoras. López Crespo fixo fincapé na importancia de “contar con expertos para ofrecer unha análise práctica e crítica, permitindo ás persoas asistentes comprender mellor o funcionamento e a utilidade destas ferramentas”.
A continuación, o director xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte, inaugurou oficialmente a xornada. Durante a súa intervención, destacou a relevancia de “promover sinerxías entre entidades e colectivos para fomentar un consumo informado e responsable”. Alemparte aproveitou para felicitar á UCGAL polo seu esforzo e compromiso na organización da xornada, que exemplifica a colaboración produtiva entre entidades.
No marco da cooperación entre AGACAL e a UCGAL, presentouse unha guía destinada a apoderar ás persoas consumidoras no ámbito da alimentación. Este recurso práctico é en palabras das entidades “unha ferramentas para interpretar con maior claridade os etiquetados dos produtos e facilitar eleccións máis conscientes e responsables co foco na saúde e na sustentabilidade”.
A intervención da profesora Bertha Guijarro, catedrática da Universidade da Coruña e investigadora do CITIC, puxo o foco en explicar, de forma sinxela e práctica, como funciona a IA e que impacto real está a ter no día a día. O seu relatorio serviu como base para os debates posteriores.
Pola súa parte, Víctor Salgado, avogado especialista en novas tecnoloxías, abordou os retos éticos e normativos que presentan as ferramentas intelixentes no marco legal europeo. Salgado advertiu sobre o risco que representa a falta de transparencia na xestión de datos persoais e a capacidade da IA para “persuadir” e “alucinar,” inventando información sen fontes verificables. Subliñou que a IA xa “hackeou o sistema operativo do ser humano: a linguaxe,” destacando a urxencia de combinar o desenvolvemento tecnolóxico coa protección dos dereitos fundamentais. “Somos os xuristas os que debemos liderar a defensa dos dereitos das persoas fronte a estes desafíos,” afirmou, facendo un chamamento á responsabilidade compartida entre profesionais e usuarios.
Casos prácticos e experiencias reais no turismo e a empresa
A mesa redonda sobre IA e turismo, moderada por Pedro Tasende (Aporta Comunicación), reuniu expertos como Sara Collazo (Torres y Carrera), Fabián Buezas (Interrías), Mar Rodríguez (Tee-Travel) e Manuel Veloso (Clúster de Turismo de Galicia) para analizar o impacto da IA no sector e o seu futuro.
Manuel Veloso destacou o peso crecente da comercialización dixital no turismo e subliñou a aposta do Clúster por potenciar a canle tradicional como complemento esencial. Fabián Buezas sinalou que Interrías está mergullada nun proceso de dixitalización e canalización de datos, resaltando que a IA será clave para mellorar e posicionar as empresas no mercado. Mar Rodríguez destacou a benvida de todas as ferramentas tecnolóxicas, mentres Sara Collazo puxo o foco nos retos éticos e na falta de cultura do dato entre os consumidores.
Os relatores coincidiron na necesidade de combinar innovación tecnolóxica cun uso ético e responsable, garantindo que a IA beneficie tanto ás empresas como ás persoas consumidoras. A mesa pechou destacando o potencial da IA como ferramenta transformadora no sector turístico.
Trala mesa redonda, a xornada avanzou coa intervención de José María Borrero, de Telefónica de España, quen destacou a pegada da IA en áreas como a saúde, a educación e o ámbito social, e advertiu sobre os riscos que require xestionar, como a desigualdade social, os deepfakes, os nesgos nos algoritmos e as ameazas á privacidade. Subliñou a necesidade de equilibrar innovación e ética para garantir o respecto aos dereitos dos consumidores. “O futuro da IA non está nas mans das máquinas, está nas nosas,” afirmou, enfatizando a importancia da responsabilidade colectiva para un desenvolvemento tecnolóxico sostible e inclusivo.
O debate continuou coas presentación da aplicación da IA no ámbito empresarial, aquí os relatores presentaron proxectos innovadores que demostraron como a IA pode mellorar tanto a eficiencia como a sustentabilidade das empresas. Alejandro Alonso, de Telefónica, debullou o uso da innovación e da loxística intelixente conectada, explicando a metodoloxía de tres pasos que están a empregar para desenvolver solucións baseadas na IA. Pola súa parte, Adrián Domínguez, de Triple Alpha, destacou como están a axudar ás pemes galegas a través da aplicación desta tecnoloxía, exemplificando o seu impacto con varios casos prácticos que evidencian o potencial da IA para fortalecer o tecido empresarial local. Finalmente, Yago González, de Plexus Tech, falou sobre a innovación e o uso da IA aplicados aos sectores produtivos, detallando os distintos servizos da súa área especializada en Intelixencia Artificial.
Os Diálogos de Consumo sobre a IA e os Alimentos puxeron o broche final á xornada, cunha análise sobre a influencia da IA na industria alimentaria. Moderados por Miguel Vieito Villar, participaron Rafael Urrialde, da Universidade Complutense de Madrid, e Joan Miró, de KRAZ, para reflexionar sobre temas como os etiquetados, a produción e a influencia dos dark patterns no comportamento das persoas consumidoras.
Entre os puntos destacados, abordouse como a IA pode revelar patróns de consumo non observables a simple vista e se estas tecnoloxías están a condicionar ou manipular as decisións das persoas. Ante as preguntas lanzadas polo moderador (“é o consumidor realmente libre para elixir?”), Urrialde respondeu que “aínda que as decisións son libres, están sempre condicionadas por influencias externas”. E engadiu: “O consumidor non é completamente libre, pero é sabio e vai aprendendo. O importante é que estea informado para poder tomar decisións conscientes”.
A conversa concluíu destacando a importancia de ofrecer información clara e transparente para apoderar ás persoas consumidoras, tendo en conta a diversidade de perfís de consumidores e as súas necesidades específicas. Estes debates puxeron de manifesto a relevancia de garantir un uso ético da IA no sector alimentario.
20241128-npxornadaintelixenciaartificial1.jpg Para pechar a xornada, Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, destacou as accións que se están a levar a cabo desde a entidade que representa para fomentar a integración da IA no sector. Subliñou que “a IA é unha ferramenta poderosa e o turismo é un dos ámbitos onde máis se está a desenvolver.” Merelles insistiu na importancia de non ficar alleos a esta realidade e de traballar activamente para incorporala ao sistema produtivo galego, asegurando que a súa aplicación se leve a cabo de forma ética e eficiente para maximizar os beneficios para o sector e a sociedade en xeral.
Con máis de 60 asistentes e unha ampla participación activa de profesionais e público xeral, a xornada consolidouse como “un punto de referencia no debate sobre a IA e o consumo na era dixital”, sinalaron as entidades organizadoras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?