Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEI da Deputación busca converter a provincia da Coruña nun hub audiovisual de referencia en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEI da Deputación busca converter a provincia da Coruña nun hub audiovisual de referencia en Europa

S. P.
Publicado: 29/11/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_gonzalez_formoso_deputacion_coruna.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou aos directivos e responsables de contidos das principais cadeas de televisión, plataformas audiovisuais e produtoras de cine nacionais o proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior escenario de produción virtual de España, que entrará en funcionamento a principios de 2025 e que pretende converter á Coruña “nun hub audiovisual de referencia en Europa” para a produción de cine e series, segundo afirmou o presidente.
O acto tivo lugar na Cidade das TIC, no marco do 18º Congreso I+P Ideas para Producir, organizado polo Clúster Audiovisual Galego e contou coa participación do presidente da entidade, Alfonso Blanco; o reitor da UDC, Ricardo Cao; e o director de Mundos Digitales, Manuel Meijide, ademais do propio Formoso, que puxeron en valor un proxecto chamado a revolucionar a industria audiovisual en Galicia e explicaron en detalle as vantaxes que suporá para a industria audiovisual.
Entre os asistentes achábanse directivos e responsables de contidos das principais empresas de produción de contidos audiovisuais de España como RTVE, Atresmedia Cine e TV, Mediaset España, Movistar+, Amazon Prime Video, Warner Bros Discovery, Filmax, A Contracorriente Films, Voz Audiovisual, Portocabo ou Vaca Films, entre outros.
Formoso destacou que o CEI “situará a Galicia como referente no sector audiovisual nacional e internacional” e destacou o potencial desta instalación para impulsar á industria audiovisual e creativa, “na que en Galicia xa somos unha potencia”. O presidente mostrou a súa confianza en que o CEI “non só atraerá á Coruña grandes producións nacionais e internacionais, senón que tamén fomentará a creación de emprego cualificado, reducirá os custes de produción en ata un 68% e consolidará a Galicia como un polo estratéxico de innovación audiovisual”.
O presidente agradeceu “a implicación e a colaboración” do Clúster e do sector audiovisual galego para impulsar este importante proxecto, “que lles permitirá ás empresas audiovisuais de Galicia e España acceder á tecnoloxía máis avanzada do mundo en produción virtual sen necesidade de desprazarse ao estranxeiro, fomentado a retención e desenvolvemento do talento local”.
O presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, coincidiu en que “o CEI vai ser un piar clave para dar un novo impulso á industria audiovisual de Galicia” e subliñou que “é o resultado dunha excepcional colaboración entre o público e o privado, e todo iso nun espazo único como a Cidade das TIC, onde tecnoloxía, formación e audiovisual danse a man nun entorno de enorme potencial creativo, innovador e industrial”.
Tecnoloxía inmersiva de última xeración
O CEI conta cunha superficie total de 2.000 metros cadrados, dos que 750 metros están destinados a un gran escenario inmersivo equipado coa tecnoloxía de vangarda de Telefónica no ámbito da Realidade Virtual, Aumentada e Estendida (VX/AR/XR). A instalación integra 758 paneis LED 4K que permiten crear escenarios envolventes, dinámicos e hiperrealistas que reproducen con absoluta precisión calquera localización real ou ficticia que poden interactuar con elementos físicos en tempo real. O proxecto supón un investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciados entre a Deputación e o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, é unha peza clave dentro do plan España, Hub Audiovisual de Europa, e supón unha aposta pola transformación dixital e a internacionalización da industria audiovisual española.
O CEI é un proxecto impulsado pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso coa innovación, a aposta por sectores estratéxicos que xeren emprego e actividade económica e a proxección nacional e internacional da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?