Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca, pioneira en empregar a IA xenerativa para atender as consultas dos seus clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca, pioneira en empregar a IA xenerativa para atender as consultas dos seus clientes

S. P.
Publicado: 02/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20241202-abanca-sofia-hd-316ea6ec.jpgAbanca vén de pór en macha un servizo pioneiro que integra a Intelixencia Artificial Xenerativa (IAX) na atención das consultas dos seus clientes e non clientes, unha iniciativa que, segundo informa a entidade bancaria galega, sitúaa como “a primeira de España” que inicia e completa este proceso de transformación. Abanca engade que este servizo pioneiro arrancou xa de xeito limitado para un grupo de clientes e estenderase nas vindeiras semanas coa vista posta en estar totalmente dispoñible para calquera usuario, sexa cliente ou non, no mes de decembro. Preséntase baixo o nome de SOFia.
A solución, xa incorporada e probada nos últimos meses noutros procesos e canles internas da entidade, está dispoñible en todos os dispositivos a través da páxina web do banco e súmase ao resto de alternativas presenciais e remotas que ofrece a entidade, como a asistencia telefónica ou a través das principais redes sociais.
Abanca engade que “as respostas que ofrece esta nova canle de comunicación están dirixidas a axilizar a atención ás dúbidas e consultas dos usuarios sobre a información dispoñible na web dun xeito próximo”. A entidade apunta tamén que “este servizo non opera directamente nin ofrece información sobre os produtos contratados nin datos persoais dos usuarios; en termos prácticos, recibirán unha resposta afinada sobre o que demandan e, se precisan ampliar a información recibida, serán dirixidos aos diferentes espazos da páxina web de Abanca, onde poderán continuar coa operación con total seguridade”.
20241202-abanca-sofia-2-ef814433.jpg Calquera usuario que queira utilizar o servizo simplemente ten que iniciar unha conversa co asistente, utilizando unha linguaxe natural. “O novo desenvolvemento é capaz de interpretar o significado e o contexto da consulta e buscar entre miles de páxinas ou repositorios de preguntas frecuentes do banco”, sinala Abanca, engadindo que “a ferramenta non ofrece contestacións predefinidas, senón que crea unha resposta inmediata segundo as necesidades expresadas por cada cliente e o contexto”. O servizo está dispoñible en calquera momento e permite aos clientes chatear en diferentes idiomas. Ao utilizar contidos continuamente renovados, as respostas son precisas e sempre actualizadas.
Dentro do proceso de lanzamento, nas últimas semanas realizouse unha enquisa con usuarios. Nas súas respostas deron unha puntuación media de 4,23 sobre 5. Ademais, máis da metade valorou a SOFia coa puntuación máis alta. Entre os puntos fortes do desenvolvemento destacaron a coherencia, a utilidade, a linguaxe empregada e a facilidade para atopar o chatbot dentro de la web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?