Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC piden máis acción contra a impunidade de Internet en materia de agresións machistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC piden máis acción contra a impunidade de Internet en materia de agresións machistas

S. P.
Publicado: 02/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

jorge_garcia_marin_lorena_anon_loureiro_e_begona_gomez_vazquez_na_presentacion_do_estudo_.jpgO persoal investigador e docente da USC Jorge García Marín, Lorena Añón Loureiro e Begoña Gómez Vázquez presentaron este venres 2 de decembro unha nova investigación que constata o incremento que está a experimentar a violencia contra as mulleres por mor dun mal uso das ferramentas tecnolóxicas. “Internet tense convertido nun novo eido social para o sistema prostitucional”, comentaron.
Trátase do estudo O sistema prostitucional na era dixital: radiografía sociolóxica a partir dos discursos das mulleres prostituídas e/ou vítimas de trata sexual e de persoas técnicas en Galicia. Nel suxiren que, no momento dixital que vivimos, ese sistema intensificou a explotación e violencia contra as mulleres e reafirman “a importancia de accións políticas, lexislativas e educativas para reducir o impacto desta industria na sociedade”.
O informe parte de que o sistema prostitucional na era dixital adopta novas estratexias de publicidade, de captación, de coacción e de explotación sexual. “A pornografía, a prostitución e a trata sexual caracterízanse por estar intimamente relacionadas, e nelas lévanse a cabo representacións, prácticas opresoras, discursos e violencias contra as mulleres, que inflúen na forma de relacionarse, na percepción da sexualidade e no tratamento cara ás mulleres, desde unha óptica patriarcal”, afirman, engadindo que “esta contorna na era dixital, na que impera o anonimato e a globalización da industria, incrementa a dificultade para escapar do sistema prostitucional”.
Así, din, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación son “facilmente accesibles” e permiten manterse no anonimato “achegando un perfecto caldo de cultivo para captar mulleres e nenas en situación de vulnerabilidade e/ou risco, aspectos dos que se aproveitan as persoas proxenetas e tratantes”. A industria sexual en liña é, pois, “un fenómeno sistémico de explotación de amplo alcance, de máxima exposición e impacto, especialmente para a poboación nova”, aseguran.
O informe, liderado polo profesor Jorge García Marín, realizárono dous equipos de investigación do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Mestrado de Igualdade, Xénero e Educación da Facultade de Ciencias da Educación. A presentación tivo lugar no marco da xornada Diálogos e reflexións sobre a violencia simbólica e sexual na era dixital: unha aproximación ao sistema prostitucional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?