Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presidente de Telefónica achega este mércores unha conferencia na Escola Naval Militar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presidente de Telefónica achega este mércores unha conferencia na Escola Naval Militar

S. P.
Publicado: 02/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_telefonica_pallete_campus_pontevedra_comunicacion.jpgA Escola Naval Militar (ENM) de Marín acolle esta semana unha conferencia de José María Álvarez-Pallete López, presidente executivo de Telefónica. Hic sun dracones, frase empregada antigamente nos mapas para referirse a territorios descoñecidos, é o título da conferencia que o presidente da operadora de telecomunicacións impartirá este mércores 4, ás 19.00 horas, no salón de actos da ENM, en Marín. Organiza Cátedra Álvarez-Ossorio (Universidade de Vigo e a Armada).
Como destaca Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra e membro do comité da cátedra, actividades como este relatorio constitúen “unha valiosa oportunidade para fortalecer a colaboración entre a Universidade de Vigo e a ENM”, á vez que permiten pór o foco na “importancia da innovación e o liderado empresarial no desenvolvemento de España”. De aí que poña de relevo que esta conferencia “non só enriquece a formación académica, senón que tamén promove a transferencia de coñecemento á sociedade”, á vez que fomenta o “intercambio de ideas e experiencias, servindo de inspiración ás novas xeracións para contribuír no progreso da sociedade”.
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid, Álvarez-Pallete incorporouse en 1999 ao grupo Telefónica como director xeral de Finanzas de Telefónica Internacional. Ese mesmo ano, pasou a ocupar o cargo de director xeral de Finanzas Corporativas de Tefelónica SA e en 2002 foi nomeado presidente executivo de Telefónica Internacional. Entre 2006 e 2011, exerceu como director xeral de Telefónica Latinoamérica, para logo ser nomeado presidente executivo de Telefónica Europa e, en 2012, conselleiro delegado de Telefónica SA, pasando en 2016 a converterse no presidente executivo dunha compañía que opera en trece países e contou en 2023 cuns ingresos de máis de 40.000 millóns de euros. A traxectoria profesional de Álvarez-Pallete levouno a ser recoñecido como mellor director executivo (CEO) de España pola revista Forbes en 2016, ano no que o Consejo Superior de Deportes (CSD) concedeulle o ingreso na Real Orden del Mérito Deportivo, na categoría de medalla de bronce.
En 2016, foille concedida a Cruz do Mérito Militar con distintivo branco, recibiu o premio ao directivo do ano pola Asociación Española de Directivos e foi elixido ”líder empresarial do ano” pola Cámara de Comermcio España-Estados Unidos. A estas distincións sumaríanse posteriormente o premio Ecofin ao Financeiro do Ano, en 2020; o seu nomeamento como embaixador honorario da Marca España en 2021; ou o Premio ao Empresario do Ano que en 2022 lle outorgaba a UPF Barcelona School of Management.
A conferencia contará con entrada libre, previa confirmación de asistencia, que pode realizarse no correo electrónico enmsecretaria@fn.mde.es ou no teléfono 986 80 47 10, ata este martes 3 de decembro. As e os interesados deberán indicar o seu nome e apelidos, número de DNI e data de nacemento. Inserida nunha programación que busca reflectir a importancia de España e das e dos españois en diferentes ámbitos da sociedade, a de Álvarez-Pallete será a terceira conferencia do curso da Cátedra Álvarez-Ossorio, tras as protagonizadas en outubro polo Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidente da Comisión Europea, Josep Borrell, e o conselleiro delegado de Repsol, Josu Jon Imaz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?