Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tesla Technologies contribúe con IA á detección de doenzas e ás investigacións médicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tesla Technologies contribúe con IA á detección de doenzas e ás investigacións médicas

S. P.
Publicado: 02/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Loiola Ozores, CMO de Tesla Technologies, e Silvia Mancebo, COO
Loiola Ozores, CMO de Tesla Technologies, e Silvia Mancebo, COO
A Intelixencia Artificial (IA) está transformando diversos sectores, entre todos eles atópase o sector sanitario. Hoxe esta tecnoloxía ofrece múltiples solucións innovadoras, como melloras na detección de enfermidades, na xestión hospitalaria ou ata nas investigacións médicas. Así nolo conta a doutora Nieves Martínez Lago, especializada en tumores neuroendocrinos e gastrointestinais, licenciada en medicina pola Universidade de Santiago e cun doutoramento en Investigación Clínica en Medicina.

Contidos
  • As aplicacións con IA
  • A IA aplicada na detección e tratamento de tumores
  • Reflexión final

As aplicacións con IA

Dende Tesla Technologies teñen desenvolvidas varias aplicacións, nas que tamén colabora a doutora Martínez Lago, que teñen como fin, por un lado, axudar aos pacientes que sofren algún destes tumores, ofrecéndolles un rexistro detallado dos seus signos vitais, anotando síntomas e posibles efectos secundarios, pondo a disposición dos pacientes a posibilidade de entrar en contacto con outras persoas na mesma situación, e moitas outras funcionalidades pensadas en mellorar a súa calidade de vida.
Por outro lado, Tesla tamén brinda aplicacións que facilitan o labor da investigación médica, axudando a obter resultados máis específicos e tendo en conta múltiples parámetros simultaneamente para a conclusión dos datos.
Estas aplicacións contan con IA, o que facilita a análise da información do paciente sobre a súa enfermidade e melloran a atención grazas a unha maior personalización. Ademais, a incorporación da IA nestas ferramentas tamén optimiza a eficiencia e a calidade dos estudos clínicos, permitindo traballar con datos máis precisos e específicos ao longo de todo o proceso.

A IA aplicada na detección e tratamento de tumores

A doutora Nieves Martínez Lago
A doutora Nieves Martínez Lago
Continuando pola liña da IA, a doutora Martínez Lago explica como a inmunoterapia e a teragnose supoñen un gran avance para o tratamento deste tipo de enfermidades. De feito, esta segunda técnica inclúe a utilización de Intelixencia Artificial, en particular da Visión Artificial, para facilitar a análise na realización de probas de imaxe, o cal pode axudar na toma de decisións, na detección dun posible tumor e no seguimento do tratamento do paciente.
Profundando sobre as aportacións que a IA podería traer no campo da medicina, a doutora Martínez Lago destaca que este tipo de tecnoloxía axudaría exponencialmente na investigación clínica ofrecendo información adicional, creando correlacións entre parámetros e provocando que os resultados e os procesos das investigacións sexan moito máis eficientes.
Por outra banda, tamén salienta que no caso de lograrse unha xerarquización dos datos a nivel global, a IA podería utilizarse na predición molecular e na toma de decisións sobre casos de tumores.
Como se pode observar, todas estas funcionalidades poden ser implementadas con Intelixencia Artificial. De feito, dende Tesla Technologies están especializados no uso desta tecnoloxía en diversos proxectos, abranguendo áreas tanto do ámbito sanitario, como xa comentamos anteriormente, como do sector público, da educación, da industria, entre outros. “Ao integrar a IA, buscamos algo máis que a automatización de tarefas é dicir, tamén potenciamos a capacidade de innovación e transformación das organizacións que confían en nós”, comentan, engadindo que “agora o noso obxectivo é compartir estes coñecementos cos profesionais galegos que estean interesados neste ámbito por iso temos creados unha serie de cursos relacionados coa Intelixencia Artificial para principios do 2025 (Cursos Tesla Technologies), que axudan e especializan aos profesionais para utilizar a intelixencia artificial en múltiples ámbitos laborais como o que acabamos de comentar”.

Reflexión final

Para finalizar, dende Tesla Technologies e en colaboración coa doutora, resaltan a importancia de formar equipos multidisciplinares que vaian máis aló do ámbito sanitario, incluíndo profesionais con habilidades técnicas que poidan comprender as necesidades dos médicos tanto para tratar cun paciente como para unha investigación clínica. Ante este escenario, é un feito que os perfís especializados nesta área son cada vez máis necesarios, pois contribúen a traballar dunha forma moito máis eficiente, facendo que o proceso tanto de tratamento como de investigación clínica sexa máis preciso e dinámico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?