Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha mostra da USC pon o foco nas nosas relacións afectivas que impón a era dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha mostra da USC pon o foco nas nosas relacións afectivas que impón a era dixital

S. P.
Publicado: 02/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Un recanto da exposición nunha imaxe de Santi Alvite
Un recanto da exposición nunha imaxe de Santi Alvite
O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca (USC) acolle ata o 29 de febreiro unha mostra que reflexiona sobre a influencia dos medios dixitais nas nosas relacións afectivas. Trátase dunha produción propia da USC arredor da que se vertebra a Faísca Cultural que se desenvolve en numerosos centros docentes de Compostela. Comisariada por Aránzazu Pérez, Guillermo Rodríguez e Federico L. Silvestre e co apoio da Deputación da Coruña, a mostra Afectos dixitais expón como as interaccións persoas-máquina están a reconfigurar o tecido social e emocional do noso mundo.
Amais, reflexiona sobre o poder dos algoritmos e o seu impacto nas nosas vidas desde diferentes enfoques, como o hacktivismo ou a poética cyborg.
A exposición poderá visitarse de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.
Nesta montaxe reúnese unha destacada selección de obras de artistas internacionais como Andreas Angelidakis, Laura A. Dima, Quimera Rosa e Daniel Mullins xunto a nomes consagrados do panorama español como Joan Fontcuberta e Pilar Rosado. Así mesmo, pon en valor o talento galego e español, coa participación de creadores como Judith Adataberna, Cora Novoa, Pilar del Puerto, Javier Martín e Marta Galindo.
As propostas que trae Laura A. Dima son a interactiva Breathers [Respiradores] (2024), deseñada expresamente para esta mostra, na que convida a reflexionar sobre a relación entre as tecnoloxías dixitais, o tacto e o consentimento. Breathers permite aos visitantes crear vínculos, xerando conexións que deixan atrás os tabús culturais. As cápsulas de silicona “cobran vida” ao detectar dúas persoas. Estas transmiten datos corporais dun participante ao outro en tempo real, como a frecuencia cardíaca ou os patróns respiratorios, de maneira que a instalación establece unha canle de comunicación emocional entre esas persoas, que poden coñecerse ou non.
Outras das súas obras son The Finger Rub Rug, unha escultura táctil en forma de colchón con 1.300 réplicas de silicona dos dedos da súa parella, ambientada nun cuarto branco illado cunha banda sonora espacial envolvente, e Future Affair, instalación interactiva que permite aos participantes intercambiar un toque amoroso a distancia a través dun robot acariciador, activado por un panel de control e mecanismo de consentimento.
A artista e investigadora na Universidade Complutense de Madrid Pilar del Puerto presenta catro obras. En Xenopiel (2023), realizada en colaboración con XenoVisual Studies e producida en Makesapace Madrid, a pantalla amosa un vídeo preditivo xerado por Intelixencia Artificial no que o gancho intenta, sen éxito, atrapar as imaxes que aparecen na pantalla, creando un bucle infinito. En Relatos de una IA triste (2023) selecciona frases de varias conversas con Alexa, a asistente virtual de Amazon. A serie consta dun total de dez espellos nos que a artista volve situar estas frases, descontextualizándoas, convidando a pensar sobre a construción da nosa identidade e o noso imaxinario ou que ou quen forma(n) parte das nosas comunidades. En Llorón e TKM (Serie Affections, 2022) convida a explorar como as tecnoloxías impactan na construción do xénero durante a nenez, A través de referencias a peluches e bonecos, a obra evoca os vínculos emocionais que establecemos con estes seres non humanos.
Pola súa banda, a cineasta, fotógrafa e artista visual Judith Adataberna revisita e actualiza a súa instalación LAN(d)-Party (2024) empregando equipamentos da propia USC. Nela, explora a hiperrealidade dixital e a “era da pantalla”, analizando como o consumo masivo de contidos virais na rede transforma o usuario nun observador político, preferindo a experiencia virtual á real.
Na exposición pode verse tamén a proposta de Cora Novoa Pérez, performer e artista transdisciplinar galega, que participa coa súa obra Pel de vimbio sobre pel (2022) na que coloca a súa propia cama desfeita, un obxecto privado que comparte no espazo público. Na intimidade da súa cama aparece un teléfono móbil que reproduce un vídeo no que parece intuírse a pube da artista. O que amosa, en realidade, é outra pel, un tecido de vimbio que agarima suavemente. Ao achegarse ó dispositivo pode escoitarse o son dese contacto, podendo ser un chisco ás populares gravacións ASMR (resposta sensorial meridiana autónoma). Con esta obra, a artista evoca “a corporalidade no dixital e a ausencia no físico, a fragmentación ou a casualidade, convidando a reflexionar sobre os nosos contextos, lecturas e interaccións sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?