Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía lanza unha plataforma de compra de tíckets para eventos e de reservas de instalacións deportivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía lanza unha plataforma de compra de tíckets para eventos e de reservas de instalacións deportivas

S. P.
Publicado: 02/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

plataforma_ticket_vilagarcia.jpgO pasado domingo comezou a funcionar en Vilagarcía unha plataforma forma propia para a venda de entradas para os máis diversos eventos e tamén para reservar a instalacións deportivas municipais. A plataforma, segundo fixo saber o Concello, “é moi sinxela de utilizar”. Servirá como axenda (mostrando os eventos nos que o Concello participa) para logo redirixir aos usuarios a outras plataformas de venda.
A diferenza fundamental é “que cando se compren dende a web municipal, non haberá gastos de xestión”, explicaron o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, quen foron os encargados de presentar esta ferramenta coa que o concello dá un paso máis cara a súa dixitalización, como antes o supuxo a sede electrónica ou a oficina virtual tributaria, todo baixo “o gran paraugas” de vilagarcia.gal.
Engadiron que este “substancial avance foi posible grazas aos fondos europeos, nesta ocasión os Next Generation, de recuperación da economía trala pandemia”. A intención do goberno é ir implementando as diversas funcionalidades que ofrece a nova plataforma nos vindeiros meses. Polo de pronto, comeza coa campaña dos bonos Son do Casa, pero en breve irán sumándose as reservas das instalacións deportivas (por exemplo, unha cancha de tenis para tal día e tal hora). O pago farase de xeito telemático, a través dunha pasarela segura que depende das entidades bancarias coas que traballa o concello habitualmente.
Outra das moitas funcionalidades que ofrece esta ferramentas é a xestión de entradas, sexan de pago ou gratuítas, das actividades que promove o Concello, de maneira directa ou en colaboración con outras entidades. “Igualmente, co tempo converterase na axenda de referencia para os vilagarciáns, posto que non só se publicitarán os eventos propios senón outros externos nos que o concello participa e patrocina”, explicaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?