Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago achegou formación tecnolóxica a máis de 200 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago achegou formación tecnolóxica a máis de 200 persoas

S. P.
Publicado: 03/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_santiago_clausura_curso.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acolleu na mañá deste 3 de novembro a clausura do plan formativo para o sector comercial galego, posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio de Emigración da Xunta de Galicia. Este programa, deseñado para impulsar a profesionalización e a competitividade do sector, culminou coa entrega de diplomas aos participantes que completaron satisfactoriamente o seu itinerario formativo.
O plan formativo, que se desenvolveu na modalidade de teleformación, estivo sustentado en 15 accións formativas de entre 20 e 100 horas, para un total de case 900 horas lectivas, e formou, en 5 piares estratéxicos (transformación dixital, estratexia comercial, xestión comercial, sustentabilidade e punto e venda), a máis de 200 persoas vencelladas ao sector comercial galego.
A cerimonia de entrega de diplomas estivo presidida por Jorge Lorenzo, vicepresidente da Cámara de Comercio, e Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.
O plan, que se desenvolveu ao longo de varios meses, proporcionou aos participantes coñecementos avanzados en áreas clave como competencias dixitais, atención ao cliente, idiomas e xestión de vendas e estratexias de mercadotecnias, entre outros contidos innovadores. Ademais, incluíu casos prácticos e sesións individuais de titorado que permitiron ás persoas asistentes aplicar o aprendido en situacións reais, preparándoas para afrontar os retos do mercado actual con maiores garantías de éxito.
Durante a cerimonia, púidose escoitar o testemuño dalgúns participantes que destacaron o valor do programa. Carmen García, unha das graduadas, destacou na súa intervención “a bondade do programa formativo na mellora de coñecementos técnicos” que pensa poñer en práctica para mellorar a xestión do seu negocio e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, recalcando tamén a necesidade de combinar a teleformación con algunha experiencia presencial que axude a compartir inquietudes e xerar sinerxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?