Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e o tecido investigador galego perfilan a folla de ruta galega de I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e o tecido investigador galego perfilan a folla de ruta galega de I+D+i

S. P.
Publicado: 03/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gain_reunion_plan.jpgEste 2 decembro celebrouse unha reunión de traballo entre a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, e expertas/os galegos en I+D cuxo obxectivo foi recoller as súas contribucións de cara a materializar o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, cuxo obxectivo é “acelerar a transformación innovadora do ecosistema galego de I+D+i”. Cotelo subliñou a importancia de contar co apoio de axentes clave do eido innovador galego, “como as persoas participantes nesta xuntanza”, para analizar as necesidades e deseñar solucións e contribuír a que Galicia sexa un referente en materia de I+D+i.
Neste comité participan profesionais de recoñecido prestixio en ámbitos como a investigación con Ángel Carracedo (USC-FPMXG), no eido da xenética; Minia Manteiga (UDC), astrofísica e experta en divulgación científica e o fomento das vocacións científicas; Concepción Paz (UVIGO), en enxeñaría e enerxía; Senén Barro (USC), en Intelixencia Artificial; Eva Póveda (Fundación de Investigación Sanitaria Galicia Sur), en investigación sanitaria. No eido das políticas públicas e a transferencia, cóntase con Diego Puga (do Centro para a Investigación en Políticas Económicas), no ámbito da economía e as políticas públicas de I+D+i, e Paloma Domingo (directora adxunta da Fundación CSIC), en colaboración público-privada na I+D+i.
No eido da innovación e da transferencia de tecnoloxía participou Jesús Lago, director xeral de Aimen e presidente da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA). Por último, do sector empresarial están Santiago Domínguez (Mestrelab), Sonia Martínez Arca (Batea Oncology), Francisco Pino (Ancora Mobile) e Carme Pampín (GalChimia).
gain_reunion_plan_2.jpgComo dixemos, esta reunión formou parte do proceso de elaboración do novo Plan galego de Investigación e Innovación, o instrumento de planificación operativa da Xunta de Galicia en materia de I+D+i para o período 2025-2027. Este proceso concibiuse como unha “fase aberta e colaborativa”, que contará coa participación de máis de 250 persoas en total e a celebración de 15 mesas de traballo con responsables públicos e representantes do ecosistema, “co obxectivo de ofrecer unha visión integradora do ecosistema de I+D+i de Galicia”. Este proceder permitiu revisar e adaptar os instrumentos do plan anterior e definir novas ferramentas que respondan ás demandas actuais, con especial atención ás pemes e aos sectores produtivos galegos, explicou Cotelo.
Os seguintes pasos, antes da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta no vindeiro mes de xaneiro, será sometelo á Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta e ao Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?