Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto dun centenar de persoas formáronse nos cursos tecnolóxicos de Poio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto dun centenar de persoas formáronse nos cursos tecnolóxicos de Poio

S. P.
Publicado: 03/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

curso_tic_poio_participantes.jpgO Concello de Poio formou este ano a preto dun centenar de persoas en alfabetización e competencias dixitais, a través de oito cursos que se desenvolveron ao longo de todo este ano na Aula da Reiboa. A semana pasada a concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, entregou os diplomas á última promoción de participantes, que durante as oito convocatorias foi maioritariamente feminina. De feito, 9 de cada 10 alumnas foron mulleres.
Estes cursos gratuítos ofreceron ás alumnas os coñecementos básicos para que poidan realizar comunicacións e transaccións seguras en liña, utilizando os seus propios dispositivos electrónicos e familiarizándose con novas oportunidades de formación e aprendizaxe. Durante 32 horas, en horario de mañá ou de tarde, aprenderon a identificar, localizar, analizar e almacenar os contidos dixitais, comunicarse e interactuar en contornas dixitais, crear e editar contidos ou coñecer medidas de seguridade para protexer información e datos persoais.
“Foi unha oportunidade para profundar en ferramentas dixitais fundamentais para mellorar a súa empregabilidade e favorecer a busca de emprego a través da rede, pero que tamén van ser útiles para facilitar as súas xestións administrativas”, explicou Maritxe González, que agradeceu a implicación de todo o alumnado, que amosaron grande interese nestas formacións completándose as prazas dispoñibles en cada unha das edicións.
Cursos en decembro
Por outra banda, na Aula CeMIT de Poio, situada en Combarro, impartiranse no mes de decembro sesións de memoria para adultos a través de Internet, así como cursos de edición de texto nos niveis iniciación e medio, enderezo electrónico e uso seguro do móbil.
As inscricións pódense facer, de xeito gratuíto, no correo electrónico cemit.poio@xunta.gal.
A maiores, calquera usuario que o desexe pode facer uso da aula aberta, que estará dispoñible para o acceso libre de luns a venres de 10.00 a 11.00 horas e de 12.30 a 13.30 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?