Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Aerocámaras acada un acordo para integrar os drons no ámbito universitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Aerocámaras acada un acordo para integrar os drons no ámbito universitario

S. P.
Publicado: 04/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udima_aerocamaras_firmaacuerdo.jpgO Grupo Educativo CEF – UDIMA e a empresa galega de tecnoloxías e formación aeroespacial Aerocámaras, formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de poñer en valor o sector dos drons no ámbito universitario. A sinatura contou coa presenza de Juan Luis Rubio, vicerreitor de UDIMA, e Francisco Álvarez, director executivo (CEO) de Aerocámaras.
O acordo remóntase a maio de 2024, cando as institucións daban o primeiro paso co lanzamento do título propio Piloto Máster UAS, única certificación técnica de piloto de drons do país con acreditación ECTS de UDIMA e títulos oficiais de piloto homologados por EASA (European Union Aviation Safety Agency).
areocamaras_piloto.jpgEn concreto, acábase de asinar que tanto os alumnos como os antigos alumnos de UDIMA e de Aerocámaras gozarán de condicións vantaxosas á hora de matricularse na oferta formativa de ambas as escolas superiores. Ademais de bonificacións, incluirase de balde con cada inscrición o curso Área de Desenvolvemento de Carrera de UDIMA.
Esta acción complementarase coa incorporación de Aerocámaras no programa de mentoring da universidade online, para fomentar a relación de desenvolvemento profesional e persoal do Alumni e axudar a establecer un itinerario profesional acorde ás capacidades e aptitudes no eido tecnolóxico. A este programa engádese, ademais, o plan de prácticas profesionais en empresas para os alumnos de pilotos de drons.
fotografia_firmaacuerdoudimacefaerocamaras.jpgAs dúas institucións consideran de “gran relevancia” establecer estas liñas de colaboración que redunden nun beneficio común que permita a organización de actividades formativas de alto nivel: cursos, seminarios, etc.
Francisco Álvarez destacou desta unión que “é un fito no ámbito da formación técnica, nós, apaixonados polos drons e a formación, e UDIMA, especialistas en formación universitaria en liña de calidade, damos resposta á imparable demanda de todos os sectores profesionais para aproveitar as vantaxes da drónica na súa actividade. Sen dúbida, a firma deste convenio con UDIMA é un privilexio e supón un gran paso no noso desenvolvemento estratéxico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?